Bolsas comedor 2023-2024

13.03.2023

Prezadas familias,

Dende hoxe e ata o 12 de abril está aberto o prazo de inscricións para a solicitude das axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar no curso escolar 2023-2024 destinadas ao alumnado empadroado no Concello da Coruña.

Toda a información na seguinte ligazón:

Na seguinte ligazón pódense consultar as bases da convocatoria:

Para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas abertas ao público nos seguintes centros cívicos municipais:

  • 15 de marzo ás 11.30 h.: CCM Monte Alto
  • 16 de marzo ás 20.00 h.: CCM Mesoiro
  • 17 de marzo ás 16.00 h.: CCM Monelos
  • 20 de marzo ás 16.00 h.: CCM Rosales
  • 21 de marzo ás 10.00 h.: CCM San Diego
  • 23 de marzo ás 18.00 h.: CCM Mallos
  • 24 de marzo ás 10.00 h.: CCM Pescadores

Requisitos:

  • Ter asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación do servizo de comedor de maneira presencial nun centro escolar do termo municipal.
  • Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
  • Matrícula, ou solicitude de matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería competente, nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado. Ningún solicitante ten que presentar certificado de matrícula ou solicitude de matrícula, xa que o Concello consultará esta información nas listaxes de confirmación de prazas asignadas nos centros.
  • Non superar os 8.000 € anuais de ingresos per cápita no exercicio económico 2021, salvo no caso de unidades familiares nas que exista unha persoa perceptora de renda social municipal (RSM), ingreso mínimo vital (IMV) ou renda de inclusión social de Galicia (RISGA).

Un saúdo.