Convocatoria asemblea xeral ordinaria

27.04.2023

Prezadas familias,

Comprácenos convocarvos a todos os socios e socias á asemblea xeral ordinaria da ANPA que terá lugar o martes 9 de maio de 2023, ás 15:45 en primeira convocatoria e ás 16:15 en segunda convocatoria, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Información sobre o proxecto patio e o NOVO COMEDOR. Para este punto, contaremos coas intervencións de Fermín Blanco, arquitecto encargado de ambos proxectos, e do Sr. D. Jesús Javier Celemín, concelleiro de Educación.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  3. Información sobre a modificación de membros da Xunta Directiva.
  4. Presentación do estado das contas da asociación.
  5. Exposición da memoria de actividades realizadas.
  6. Planificación das novas actividades.
  7. Exposición e debate das propostas achegadas polas familias.
  8. Outros rogos e preguntas.

Se tedes algunha proposta ou suxestión para tratar na asemblea, podedes envialas ao mail da ANPA e serán tratadas no punto 7 da presente orde do día. Para que podan ser incluidas e poidamos organizar os tempos da asamblea, pregámosvos que nolas fagades chegar antes do 7 de maio.

A vosa presenza é moi importante; trataremos temas de grande relevancia para o benestar de todos os nenos e nenas. Para facilitar a vosa asistencia, lembramos que disporemos de servizo de canguro, con dúas educadoras que acompañarán aos nenos e nenas durante a asemblea. Ás 16:30, as educadoras e as mestras iniciarán unha nova xornada na horta, á que nos sumaremos as familias ao remate da asemblea. 

Recibide un cordial saúdo.

ANPA RASA.