Enquisa de preferencias acerca das Actividades Extraescolares 2023-2024
Prezadas familias:
Moitas grazas a todas as familias que participastes este ano nalgunha das actividades extraescolares, pola vosa implicación e participación enviando cuberta a enquisa de valoración das mesmas. Grazas a este traballo en equipo podemos seguir mellorando as actividades extraescolares.
Para poder elaborar un cadro de Actividades Extraescolares para o curso 2023-2024 o máis axustado posible ás necesidades de cada familia, precisamos da vosa participación para coñecer as vosas necesidades e intereses e ter en conta os gustos e preferencias dos vosos nenos e nenas.
Pedímosvos a TODAS AS FAMILIAS que cubrades a enquisa, tanto se fostes usuarias dalgunha actividade este ano coma se non; tanto se pensades participar nalgunha o vindeiro curso, coma se non tedes previsto facelo. Non vos levará máis de dous minutos e hai un lugar para cada resposta. Tedes de prazo ata o mércores 14 de xuño.
Cos resultados que xa temos das enquisas de valoración e cos que se obteñan desta enquisa de preferencias, a ANPA elaborará o novo cadro de actividades para o curso 2023-2024.
A nosa intención é que a primeiros de xullo contedes con toda a información de conciliación (Madrugadores, Comedor e Agarda con Nós) e do programa de Actividades Extraescolares, co obxectivo de que así poidades organizar mellor o vindeiro curso escolar.
Moitas grazas pola vosa participación. Podedes acceder á enquisa na seguinte ligazón: