Festa de fin de curso 2023

12.06.2023

Prezadas familias:

Comprácenos anunciarvos a festa de fin de curso:

Información importante:

  • Cando? Mércores 21 de xuño de 17:00 a 19:30 h.
  • Onde? No patio do colexio. A entrada será polo portalón, onde se fará o control de acceso. En caso de chuvia, trasladeremos a festa ao Pavillón Polideportivo do Barrio das Flores, avisando previamente dos cambios organizativos precisos que nos esixe a Concellería de Deportes.
  • Que preciso? Presentar o carné de familias socias á entrada. As familias non socias deben adquirir as entradas de forma anticipada para amosalas no acceso ao recinto.
  • Canto custa? As familias socias xa teñen incluido o custo da entrada na cota anual. Para o resto, 10 € por neno ou nena. Os menores de tres anos poden acompañar ao resto da familia e non precisan entrada.
  • Como conseguimos as entradas se NON somos unha familia socia? Podedes mercalas por 10 € de forma presencial no comedor do colexio no seguinte calendario:

14 e 15 de xuño de 9:00 a 10:00

19 de xuño de 9:00 a 10:00 e de 16:30 a 18:00

  • Que haberá na festa? Contaremos coa música en directo de Juego Sucio, que nos traerán as súas versións do rock dos 80 e 90, e dúas zonas de xogos, unha para Infantil e outra para Primaria. Nas dúas zonas haberá un inchable e diferentes xogos e actividades, nas que tamén poderán participar as familias. De 19.00 a 19:30 remataremos coa festa da escuma se o tempo acompaña (non esquezades traer o necesario para poder disfrutar dela: chanclas, bañador, toalla, etc.).
  • Inclúe a merenda? As nenas e nenos de 5º de Primaria venderán as merendas para axudar na organización da excursión de Fin de Curso do vindeiro ano. As familias que precisedes unha merenda diferente (por intolerancias, alerxias, …) enviade un correo á ANPA o antes posible para que poidamos xestionala.
  • Que obrigas temos? Desfrutar da festa e pasalo ben, acompañando aos vosos fillos e fillas e sendo responsables e respetuosos coa recollida do lixo nos puntos que se habilitarán.

Agardamos a vosa asistencia!

Moitas grazas.