Actividades extraescolares 2021-2022
Benqueridas familias,
Xa dispoñemos dos resultados das inscripcións nas actividades propostas para este curso, destacando a pouca demanda que delas se fixeron, polo que hai un gran numero de actividades que non van poder empezar o 1 de octubro por non ter alcanzado o mínimo preciso para elo.
De todolos xeitos, somos conscientes de que a pesares das boas noticias que escoitamos sobre a evolución da pandemia, é un ano diferente e con bastante incertidume para moitas familias, é por iso, que mantemos abertas todalas matriculacions coa intención de que pouco a pouco se apunten mais familias ó noso programa de conciliación, e cando se cumpran as condicións de mínimos (este ano todolos nosos proveedores de actividades baixaron os ratios das mesmas para facilitar o comenzo dos grupos), arrancarán as actividades en calquer momento do curso.
Para elo seguides contando ca información e os modelos de inscripción na nosa paxina web, ademáis de telos impresos na copistería Ositos. En relación ás actividades de Federación, tanto de deporte como culturais, tedes que enviar un correo á seguinte dirección de correo electrónico para novas inscripcións ou para facer calquer cambio:
inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
ou nos teléfonos 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14h y de 15 a 18h.
NO CADRO DE ACTIVIDADES: EN COLOR EMPEZAN O 1 DE OUTUBRO, ACTIVIDADES EN GRIS NON EMPEZAN
CAMPAÑA NATACIÓN 2021/2022
Benqueridas familias,
a continuación vos enviamos a información sobre a campaña de natación escolar.
Moitas gracias.
Saúdos.
ANPA RASA
Bo día:
O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar dirixida, como sempre, aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria. Achegamos información relativa a este programa que, este ano, xestionará directamente a área de Deportes do Concello da Coruña. Neste correo figura a seguinte información:
- Condicións da oferta, nas que entre outras se especifica os horarios da actividade, o número de prazas ofertadas, piscina de referencia e condicións e obrigas por parte do centro.
- Carta presentación da Concelleira, con teléfono de información para aclaración de dúbidas.
- Dípticos para as inscricións. O díptico, deberá ser entregado pola familia, na ventanilla da piscina municipal onde abonará a taxa correspondente.
- Información e recomendacións ás familias.
- Protocolo Covid-19.
Lembrar que a data límite para a inscrición é o 8 de novembro e o comezo da actividade será o 15 de novembro.
Saúdos
Federación Prov. ANPAs. Centros Públicos
R/ Orzán, 21
15001 A Coruña
Tfnos: 981 20 20 02 - 698 158 503
ACTIVIDADES DE DEPORTE NO CENTRO, ARTE E CULTURA NO CENTRO, OBRADOIROS E PROXECTOS
Este ano por primeira vez imos ofertar o programa completo de obradores e proxectos da Federación Provincial de ANPAS baixo o nome de ARTE E CULTURA NO CENTRO e as actividades de DEPORTE NO CENTRO habituais no noso cole incorporando, ademáis, tenis durante duas horas os venres.
A INSCRICIÓN poderase facer a través do formulario de inscripción por cada alumno ou alumna na seguinte ligazón (imprescidible cubrir os datos da domiciliación bancaria): https://www.fedapascoruna.org/inscripciones/
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 13 DE SEPTEMBRO ata o 19 DE SEPTEMBRO
CONTACTO: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ; 649055939 - 698158503
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2021 ao 31 de maio de 2022.
COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:
• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro/proxecto.
• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro/proxecto.
• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva/obradoiro/proxecto.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4 E en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 21/22.
A continuación resumimos do que trata cada programa pero podes ver a información mais detallada no seguinte arquivo:
- DEPORTE NO CENTRO: Programa que favorece o desenvolvemento integral do alumnado
a través da práctica da actividade física e deportiva. Por todo isto, as propostas están adaptadas ao nivel madurativo dos participantes, comezando co XOGO como recurso lúdico e pedagóxico na etapa de Educación Infantil e o Deporte nos últimos anos de Educación Primaria. Para os primeiros cursos de Primaria óptase polo PREDEPORTE e outras propostas que se sitúan a cabalo do Xogo e o Deporte.
A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal.
- ARTE E CULTURA NO CENTRO: A actividade de lecer de "Arte e Cultura no Centro" é unha proposta de ocio educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretenemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízase a través de dúas propostas diferenciadas:
OBRADOIROS e/ou PROXECTOS.
Os OBRADOIROS son actividades multidisciplinares que abranguen diferentes áreas de contidos artísticos e culturais baixo unha estrutura de talleres. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización. Actividades culturais e artísticas coma o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc.
Os PROXECTOS son actividades na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de "traballo por proxectos", desenvolveranse diferentes actividades
multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os nenos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativo) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Actividades multidisciplinares segundo á temática. Un centro de interese por trimestre.
ACTIVIDADES JUMPINGKIDS
As actividades de este proveedor son as seguintes (ver detalle na web https://www.jumpingkids.es/):
- LUDI-JUMPING infantil: luns e mercores de 16h a 17h (pode ser 1 dia ou 2 dias)
- PEQUECHEF: luns de 17h a 18h
- CONFECCION Y MODA: martes de 17h a 18h e xoves de 16h a 17h (pode ser 1 dia ou 2 dias).
- PONTE AL DIA: mercores xoves e venres de 16h s 17h e mercores e venres de 17h a 18h (pode
ser 1 dia ou 2 dias)
- PERIODISMO: xoves de 16h a 17h
- CREACOMIC: xoves de 17h a 18h e venres de 16h a 17h
- JUMPING: xoves de 17h a 18h e venres de 16h a 17h
PREZOS: os prezos de estas actividades que figuran no cadro incluen todo o material preciso para o seu desenrolo.
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 13 DE SEPTEMBRO ata o 19 DE SEPTEMBRO
NUMERO MINIMO DE INSCRITOS para que poidan saír as actividades é de 8.
Para inscribirse nestas actividades tedes que descargar o seguinte formulario e logo de cubrilo, sacarlle unha foto e envialo por correo electrónico a seguinte dirección: info@jumpingkids.es
ROBÓTICA E MECANOGRAFÍA
Este ano o noso proveedor de robótica ofértanos tamén unha actividade moi interesante como e a de mecanografía.
- ROBÓTICA: martes de 17h a 18h
- MECANOGRAFÍA: mercores de 17h a18h
PREZOS: os prezos destas actividades que figuran no cadro incluen todo o material preciso para o seu desenrolo.
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 13 DE SEPTEMBRO ata o 19 DE SEPTEMBRO
Para inscribirse nestas actividades tedes cubrir o seguinte formulario INSCRICIÓNS en liña. Consultas no contacto: galicia@rockbotic-educacion.com
MÚSICA PRESTO VIVACE
- GUITARRA ESPAÑOLA: martes de 16h a 17h
- PIANO COLECTIVO: xoves de 17h a 18h
- DANZA URBANA: venres de 16h a 17h
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 13 DE SEPTEMBRO ata o 19 DE SEPTEMBRO.
Para inscribirse nestas actividades tedes que descargar o seguinte formulario e logo de cubrilo, sacarlle unha foto e envialo por correo electrónico a seguinte dirección: info@prestovivace.es
INGLÉS JUNGLE WORLD
- INFANTIL: martes de 16h a 17h / mercores de 16h a 17h / venres de 16h a 17h.
- 1º 2º 3º PRIMARIA: luns de 16h a 17h / xoves de 16h a 17h / venres de 17h a 18h.
- 4º 5º 6º PRIMARIA: martes de 16h a 17h / mercores de 17h a 18h / xoves de 16h a 17h.
PREZOS: os prezos destas actividades figuran no cadro.
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 13 DE SEPTEMBRO ata o 19 DE SEPTEMBRO
NUMERO MINIMO DE INSCRITOS para que poidan saír as actividades é de 6.
Para inscribirse
nestas actividades tedes que descargar o seguinte formulario e logo de
cubrilo, sacarlle unha foto e envialo por correo electrónico a seguinte
dirección: infojungleworld@gmail.com
MÚSICA SONICREQUES
Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os menos desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as suas capacidades e gustos musicais.
- INFANTIL: luns de 16h a 17h.
- PRIMARIA: luns de 17h a 18h.
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 13 DE SEPTEMBRO ata o 19 DE SEPTEMBRO.
Para inscribirse nestas actividades tedes que descargar o seguinte formulario e logo de cubrilo, sacarlle unha foto e envialo por correo electrónico a seguinte dirección: sonicreques@gmail.com