VII Cantamos con las manos
💓Un ano máis, o noso cole participa signando unha canción no concurso "Cantamos con las Manos" que organiza a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
💓Un ano máis, o noso cole participa signando unha canción no concurso "Cantamos con las Manos" que organiza a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar, este venres 19 de abril ás 18:00 horas, nun mercadiño de segunda man que terá lugar no patio do noso cole. Esta é xa a última actividade para recadar fondos para a excursión de fin de curso que realizarán no mes de maio 🌏
Queremos comezar a semana compartindo con toda a comunidade educativa a grande nova da saída a licitación das obras de transformación do patio do noso colexio.
Como sabedes, a nosa comunidade educativa leva dende o curso pasado comprometida cunha participación máis activa e real das nenas e nenos. Sumámonos no curso 2022-2023 ao proxecto europeo IMCITIZEN, co que continuamos neste curso escolar. A maiores, o cole sumouse a participar no Consello Local da Infancia da nosa cidade, CLIAC. As nenas e nenos de...
Lembrade que está aberto o prazo de inscrición no Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre. O calendario desta edición é o seguinte:
A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2022-2023, por unha contía total de 12.794,64 €. Todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado (agás aqueles que xa contan coa concesión dunha bolsa comedor e teñen exención de pago) poden beneficiarse desta...
Rematamos esta semana cun venres no que, por fin, o bo tempo deixounos gozar da Festa de Entroido. Grazas a todas familias por vir e participar enchendo de colorido o noso patio.
📣 Lembrade que este venres 16 será a Festa de Entroido 🎉
⚠️ Dada a previsión meteorolóxica adversa con probabilidade de chuvascos para a tarde deste venres 9, aprazamos a festa de entroido para o vindeiro venres 16 de febreiro.
🎊 Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa a festexar un dos eventos máis agardadados do ano: O Entroido!
👏 Máis de medio cento de nenos e nenas participaron na Semana de Novas Experiencias no Ramón. Grazas pola acollida tan positiva e pola vosa participación nestas xornadas nas que o noso cole, en colaboración coa Federación de ANPAS, se abriu a todo o alumnado do CEIP Ramón de la Sagra e do CEIP María Pita para probar...
Descubre as nosas actividades e mergúllate en novas experiencias no Ramón, durante a semana do 15 ao 19 de xaneiro! ♟️🏀🧑🚀💻🎼🧑🎨🎭🎤📖
🏛️Dende o Departamento de Educación do Concello da Coruña convidan ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a formar parte do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC).
📚 Hoxe comeza o segundo trimestre! Agardamos que a tan ansiada volta á rutina, despois das emocións do Nadal, se asente con éxito nas vosas vidas, sen perder de vista que xa só chegan 35 días para o martes de Entroido! 🥸 Ánimo!
🎉 Feliz Aninovo! Agardamos que esteades a desfrutar deste tempo máxico do Nadal coas vosas nenas e nenos! Iniciamos este novo ano cunha enchente de entusiasmo e ilusión e... cunha marabillosa nova...
Dende a ANPA procuramos que sempre estedes informadas de todo o que acontece no noso colexio: publicacións, novas, prazos, actividades, comedor, formacións, xornadas, asembleas, etc. É por iso que poñemos en marcha dúas novas formas de estar ao tanto de todo o que acontece e hoxe queremos compartir con vós a súa estrea: son a nova rede social ...
🎒 Durante este primeiro trimestre do curso 2023-2024 puxemos en marcha o blog das nosas actividades extraescolares. Hoxe rematou o primeiro trimestre e queremos compartir que temos novas publicacións coas que podedes embarcarvos cos vosos fillos e fillas nesas emocionantes viaxes que teñen lugar nas tardes na nosa escola.
A maxia do Nadal invadiu hoxe o noso colexio coa visita especial do Paxe Real! Foi un día cargado de ilusión e sorrisos, no que os nosos nenos e nenas tiveron a honra de transmitir os seus desexos e as súas cartas ao mensaxeiro das Súas Maxestades.
🎉 Xa tedes plan para o serán deste venres 15? 🍫
O noso comedor é un recuncho máis cálido grazas ao traballo do noso alumnado nas horas de lecer, no servizo de comedor e madrugadores. Con moito esforzo e dedicación elaboraron a nosa cheminea de Nadal, con material de refugallo. As chemineas máis votadas, terán premio!!
Tal e como vos fomos informando, tras analizar as vosas suxestións e comentarios sobre a actividade de robótica que se estaba ofrecendo ata agora, tomamos a decisión de asociarnos cunha nova empresa provedora: EnxeñoLabs, para o cal se levou a cabo unha nova inscrición.
Dende a ANPA, comprácenos anunciarvos con ilusión unha actualización nas actividades extraescolares. Tras analizar as vosas suxestións e comentarios sobre a actividade de robótica que se estaba ofrecendo ata agora, tomamos a decisión de asociarnos cunha nova empresa provedora: EnxeñoLabs, compañía de ámbito local, con sede en Novo Mesoiro, e...
Familias, descubrimos a emoción e a aprendizaxe das nosas actividades extraescolares no blog que hoxe vos presentamos!
Dende hoxe e ata o 2 de novembro temos un novo reto: acadar que a proposta presentada e seleccionada para a fase final dos Orzamentos Participativos, de reforma e acondicionamento do patio cuberto do noso centro, acade o maior número de votos nesta fase definitiva da votación.
O pasado martes 3 de outubro tivo lugar a primeira xornada da formación en mediación dirixida a familias que poñemos en marcha ao longo deste curso. Esta primeira xornada foi dun gran valor xa que sirveu para identificar aqueles puntos mellorables na convivencia no noso centro e na que artellamos grandes ideas do que sería para as familias...
Unha vez confirmado pola Federación de ANPAs, Sonicreques e PlayCode ás persoas inscritas as actividades que se iniciarán o luns 2 de outubro, e tal e como adiantamos na web, compartimos nesta publicación o cadro definitivo das actividades coas que se forman os grupos e a organización de entradas e saídas das mesmas. Podedes acceder a toda a...
Unha vez rematado o período de inscrición nas Actividades Extraescolares, queremos informarvos das que se levarán a cabo segundo o resultado das mesmas. Lede con atención ata o final desta nova para non perder detalle:
Tal e como vos vimos informando na nosa web, nas redes sociais e na Xuntanza de Presentación de Actividades que tivo lugar onte, lembrade que están abertos os prazos para as inscricións nas diferentes Actividades Extraescolares para este curso e na Formación en Mediación dirixida ás familias.
Tal e como vos adiantamos, mañá luns 11 de setembro de 16:30 a 18:30 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares para este curso.