Consello Local da Infancia da Coruña

09.01.2024

Prezadas familias:

🏛️Dende o Departamento de Educación do Concello da Coruña convidan ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a formar parte do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC).

🧑‍🎓O CLIAC é un órgano municipal de participación infantil e, tamén, unha actividade educativa orientada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Parte da convicción de que as nenas e nenos poden e deben poñer en común todo o que lles preocupe e afecte, propoñendo accións e melloras ao goberno local, sendo así parte activa nos procesos de deseño de políticas públicas relacionadas coa infancia.

👩‍💻Artéllase a través de sesións (en horario extraescolar) cun grupo de traballo estable, tentando que haxa representación de todos os centros educativos e barrios da cidade.

💓Dende o Concello da Coruña solicitan a colaboración das familias para motivar ás nosas nenas e nenos a participar, completando o grupo de traballo que xa está en funcionamento. Animámovos a participar e non desaproveitar esta experiencia tan enriquecedora, para o que vos pedimos que vos poñades en contacto con nós polas canles habituais (WhatsApp ou chamada ao teléfono 615 512 306, ou mail a anparamondelasagra@gmail.com)

O prazo para recepción das candidaturas remata o 17 de xaneiro de 2024, polo que vos pregamos que nos fagades chegar o voso interese o antes posible, para poder coordinar co centro a nosa participación.

▶️ Tedes un vídeo informativo na seguinte ligazón:

📁Na seguinte ligazón podedes descargar o dossier da actividade:

Recibide un cordial saúdo.