Confirmación data Festa de Entroido 2024

14.02.2024

👋 Prezadas familias 💓

📣 Lembrade que este venres 16 será a Festa de Entroido 🎉

☀️ Desta volta, a previsión meteorolóxica é favorable, así que, tal e como estaba anunciado, poderemos gozar da festa que fora adiada unha semana 🗓️

🎟️ Lembrade que as familias NON socias tedes que mercar a entrada de forma anticipada:

  • 💶 Prezo: 10 € por cada alumno ou alumna. Os adultos acompañantes non teñen que mercar entrada e tampouco os irmáns menores (0-3) non escolarizados.
  • 🎟️ A venda anticipada de entradas será no comedor no seguinte horario (xa queda un só día!).
  • 📅 Xoves 15, de 9:15 a 10 horas, e de 17:30 a 18 horas. 
  • ✋ Non se venderán entradas o día da festa.

💳 As familias socias non teñen que mercar entrada. Podedes acceder amosando o carné 🆓

🦹‍♂️ Non gardedes ainda os vosos disfraces. Tedes unha derradeira ocasión de lucilos este ano🤵 

👨‍👨‍👦‍👦 Agardámosvos! 🥳