Chocolatada e feira de artesanía a beneficio do alumnado de 6º de Primaria

12.12.2023

Prezadas familias:

🎉 Xa tedes plan para o serán deste venres 15?  🍫

🌟 Hoxe queremos compartir a proposta do alumnado de sexto de primaria que promete ser un dos eventos do ano, xa que andan a organizar unha chocolatada e feira de artesanía no noso colexio.

✨ Será unha tarde divertida, con saboroso chocolate quente e doces. Teredes a oportunidade de explorar e mercar na feira de artesanía, chea de creacións únicas feitas con amor polos nosos alumnos e alumnas. 

📆 Para poder asistir, non esquezades mercar as vosas entradas, son só 3 € por persoa, que inclúe dereito a merenda composta por unha cunca de chocolate e un doce. Podedes mercalas de forma anticipada do martes 12 ao venres 15, de 9 a 9:30 horas no comedor.

🎟️ Cada entrada vendida é moi especial, xa que axudará a facer realidade a excursión de fin de curso, que ten que ser un momento inesquecible para os rapaces e rapazas que xa non estarán no cole o curso que ven. Precisan do voso apoio! 

🎈Que vos parece? Apuntádeo nas vosas axendas, mercade a vosa entrada e acudide a este evento familiar e festivo onde o noso alumnado vos espera con ilusión e gratitude.

Moitas grazas.