Benvida aos Reis Magos!

03.01.2024

Prezadas familias:

🎉​ Feliz Aninovo! Agardamos que esteades a desfrutar deste tempo máxico do Nadal coas vosas nenas e nenos! Iniciamos este novo ano cunha enchente de entusiasmo e ilusión e... cunha marabillosa nova...

👑​Este ano, os Reis Magos escolleron o noso cole para iniciar a tan agardada cabalgata. Como mostra do seu agradecemento á nosa hospitalidade, ofrécennos a posibilidade de que 25 nenos e nenas do Ramón acompañen á nosa alcaldesa á recepción dos Reis Magos na saída da cabalgata dende o noso colexio. O protocolo fará que só sexan 25 para ese momento, pero a emoción e a maxia desta celebración será para todas e todos. Animámosvos a vivir este momento en unidade toda a comunidade educativa.

🍀​ Temos, por tanto, que facer unha selección e, para iso, faremos un sorteo o mesmo día da cabalgata, ás 16:15 na porta pequena de acceso principal ao centro, entre todos os nenos e nenas do noso colexio que se presenten alí coas súas familias e queiran participar nesa recepción. Despois, subiremos dende alí todos e todas xuntas fronte á porta de acceso ao centro da Rolda Camilo José Cela, onde nos xuntaremos entre as 16:45 e as 17:00 con todas as familias para acompañar aos Reis na súa chegada ​🌟​

​🥳​ Agardámosvos a todos e todas para vivir esta celebración ás portas do noso cole!