Visitounos o paxe real

20.12.2023

Ola familias:

A maxia do Nadal invadiu hoxe o noso colexio coa visita especial do Paxe Real! Foi un día cargado de ilusión e sorrisos, no que os nosos nenos e nenas tiveron a honra de transmitir os seus desexos e as súas cartas ao mensaxeiro das Súas Maxestades.

Foi moi emocionante ver os seus ollos cheos de abraio e corazóns desbordando ledicia cando se achegaron, con emoción, para saudar ao Paxe Real. A nosa biblioteca converteuse nun lugar ainda máis máxico e Cascarilla abriu as súas portas para poder compartir un momento inolvidable para os nosos pequenos e pequenas. Todos foron recibidos con cariño e, como xesto de agradecemento, o Paxe Real obsequiounos cuns doces para facer ainda máis especial o momento.

Porque nestas datas, o noso colexio se convirte nun lugar onde a fantasía se mestura co día a día, creando lembranzas imborrables para todos e todas. Cada soriso, cada aperta, cada xesto e cada momento, se convirten en pinceladas que decoran o espírito do Nadal nos corazóns de todo o alumnado.

Compartimos con todas as familias unha galería fotográfica para que poidades revivir o momento de hoxe.

Felices Festas para todas as nosas familias! Que a maxia do Nadal faga que se cumplan os vosos mellores desexos.

Con cariño, o equipo da ANPA RASA.