Adiamento da Festa de Entroido 2024

07.02.2024

Prezadas familias 💓

⚠️ Dada a previsión meteorolóxica adversa con probabilidade de chuvascos para a tarde deste venres 9, aprazamos a festa de entroido para o vindeiro venres 16 de febreiro.

🤞 Agardamos que a previsión sexa favorable nesta nova data e seguiremos a evolución do tempo con atención. En todo caso, avisaremos do mesmo xeito en caso de que se repita unha situación meteorolóxica adversa 🌈

♟️ As actividades de inglés e xadrez deste venres 9, de 17 a 18 horas, terán lugar con normalidade

🎟️ Lembrade as familias NON socias tedes que mercar a entrada de forma anticipada:

  • 💶 Prezo: 10 € por cada alumno ou alumna. Os adultos acompañantes non teñen que mercar entrada e tampouco os irmáns menores (0-3) non escolarizados.
  • 🎟️ A venda anticipada de entradas será no comedor no seguinte horario (engadimos un novo día).
  • 📅 Xoves 8, de 17:30 a 18:00 horas.
  • 📅 Xoves 15, de 9:15 a 10 horas, e de 17:30 a 18 horas. 
  • ✋ Non se venderán entradas o día da festa.
  • 💳 As familias socias non teñen que mercar entrada. Se non sodes socias, podedes facelo antes da festa 👉  https://bit.ly/asociateaanpa

👏 Grazas pola vosa comprensión.