Festa de entroido 2024

26.01.2024

Prezadas familias 💓

🎊 Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa a festexar un dos eventos máis agardadados do ano: O Entroido

📅 O vindeiro venres 9 de febreiro imos celebrar, no recinto do centro, unha FESTA DE ENTROIDO de 17:00 a 19:00 horas 🎭 No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, celebrarase unha semana máis tarde: o venres 16, no mesmo horario. 

  • 🆓 Familias socias ANPA: entrada de balde (a cuota anual de socios xa inclúe o seu custo). Non teñen que mercar entrada. É suficienteimprescindible presentar o novo carné de socio para poder acceder ao recinto. Revisade a vosa bandexa de entrada e poñédevos en contacto con nós en caso de que non o teñades (foron enviados a finais de decembro).
  • 💰 Familias non socias: imprescindible mercar entrada de forma anticipada:
  • 💶 Prezo: 10 € por cada alumno ou alumna.
  • 🎟️ A venda anticipada de entradas será no comedor no seguinte horario:
  • 📅 Luns 5, de 9:15 a 10:00 e de 17 a 18 horas.
  • 📅 Martes 6 e mércores 7, de 9:15 a 10 e de 17:30 a 18:30 horas.
  • 📅 Xoves 8, de 17:30 a 18:30 horas.
  • ✋ Non se venderán entradas o día da festa.
  • ⛔ Peche de portas de entrada ás 17:20.
  • 🚪 Saída ás 19:00.
  • 🚼 Irmáns menores (0-3) non escolarizados non precisan entrada e poden acompañar ás familias.

😋 As nenas e nenos de 6º de primaria teñen preparadas moitas sorpresas coas que deleitarán os nosos sentidos culinarios e ademáis venderán unhas merendas exquisitas. Así, entre todos e todas, axudarémoslles a cubrir gasto da excursión de fin de curso

✨Haberá espazos de xogo, talleres, animación musical,... Anotádeo na vosa axenda e non faltedes! 📅

👏 Grazas pola vosa participación e colaboración.