Semana Gratuíta de Novas Experiencias no Ramón: Explora e descubre!

11.01.2024
Descubre as nosas actividades e mergúllate en novas experiencias no Ramón, durante a semana do 15 ao 19 de xaneiro! ♟️🏀🧑‍🚀💻🎼🧑‍🎨🎭🎤📖

👋Prezadas familias:

📣Dende a ANPA RASA, e en colaboración coa Federación de ANPAS, comprácenos convidarvos a todo o alumnado do CEIP Ramón de la Sagra e do CEIP María Pita a participar na Semana Gratuíta de Novas Experiencias no Ramón: Explora e descubre!

💓Este emocionante evento brindará a oportunidade de mergullarse, de xeito gratuíto, na variedade das actividades extraescolares que se realizan no noso centro. Poderase probar e participar de primeira man, interactuando co alumnado e os educadores e educadoras que xa forman parte destas experiencias.

📅Establécense varias opcións para probar a actividade que máis lles interese aos vosos fillos e fillas. Para poder participar, tan só vos pedimos que fagades unha rápida inscrición no formulario habilitado na seguinte ligazón. Podedes facelo ata o mesmo día da proba:

♟️Queremos destacar que, ao cadro actual de actividades, engadimos o xadrez como unha nova proposta para probar, dirixida a Educación Primaria. A idea xorde ante a observación que fixo o profesorado da alta afección que existe no noso colexio por este deporte e froito tamén do interese amosado polas familias. Engádese como actividade para probar durante esta semana e ábrese, a continuación, a inscrición para engadila ao cadro definitivo, os luns e venres de 17 a 18 h., de acadarse o mínimo de inscricións. 

🆓O resto das actividades que se poderán probar son todas aquelas que se están a desenvolver no curso actual, con dispoñibilidade de prazas, e nos seguintes días establecidos:

👩‍💻Podedes obter máis información de cada unha delas consultando o cadro e descripción das mesmas na seguinte ligazón:

☝️ Animádevos a participar nesta oportunidade única para que os vosos nenos e nenas podan descubrir as súas paixóns e intereses! Non faltedes á Semana Gratuíta de Novas Experiencias no Ramón: Explora e descubre! 


▶️ E despois de probar, en caso de que lles guste...

...poderedes realizar a inscrición en calquera das actividades ofertadas ata acadar o número máximo de prazas. Ten que facerse polos seguintes medios:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

✍️Do mesmo xeito, a inscrición estará aberta tamén tanto ao alumnado do CEIP Ramón de la Sagra como do CEIP María Pita.


🤗 Recibide un cordial saúdo.