Inicio actividade de Robótica con EnxeñoLabs

12.12.2023

Prezadas familias:

Tal e como vos fomos informando, tras analizar as vosas suxestións e comentarios sobre a actividade de robótica que se estaba ofrecendo ata agora, tomamos a decisión de asociarnos cunha nova empresa provedora: EnxeñoLabs, para o cal se levou a cabo unha nova inscrición.

Con esta nova queremos confirmarvos:

  • O grupo de 6º de Infantil e 1º de Primaria dos martes de 17 a 18 non acadou o mínimo de inscricións, polo que non se levará a cabo.
  •  O grupo de 2º a 6º de Primaria dos mércores de 17 a 18 horas iniciará con EnxeñoLabs o mércores 13 de decembro. A empresa xa vos deu de alta; revisade que recibistes a confirmación da inscrición e, en caso contrario, poñédevos en contacto con eles no teléfono 623 399 450.

Moitas grazas polo voso apoio e a acollida da nova actividade.

Unha aperta.