Novas canles de comunicación: WhatsApp e Threads

29.12.2023

Prezadas familias:

Dende a ANPA procuramos que sempre estedes informadas de todo o que acontece no noso colexio: publicacións, novas, prazos, actividades, comedor, formacións, xornadas, asembleas, etc. É por iso que poñemos en marcha dúas novas formas de estar ao tanto de todo o que acontece e hoxe queremos compartir con vós a súa estrea: son a nova rede social Threads e a canle de WhatsApp.

A rede social Threads naceu este pasado mes e busca posicionarse para sustituir ao antigo Twitter, hoxe X. Pola nosa parte, deixaremos de empregar X para darlle continuidade a Threads e, por suposto, seguir con Instagram e Facebook (para os máis nostálxicos).

No caso de WhatsApp, as canles de difusión naceron o mes pasado e, se tedes a aplicación actualizada nos vosos móbiles, dispoñedes desa nova opción na sección  "Novedades". WhatsApp incorpora esa pestaña no seu panel e simplemente pinchando nela encontraredes os estados e canles que podedes seguir, estando separados dos vosos chats e grupos.

Unirvos á nosa canle de difusión de WhatsApp é moi sinxelo. Só tedes que facer clic na seguinte ligazón: https://bit.ly/whatsapp_anparasa e tamén podedes buscarnos como "ANPA RASA" nas canles de difusión ou, se o preferides, escaneando o QR: 

Lembrade que as canles de difusión de WhatsApp permiten manter en privado os vosos datos de perfil e os usuarios e administradores non teñen acceso a datos persoais nin número de teléfono.

Agardamos que sexa de utilidade. Grazas por seguirnos!