Vota pola nosa cheminea en @colechef_

12.12.2023

Prezadas familias:

O noso comedor é un recuncho máis cálido grazas ao traballo do noso alumnado nas horas de lecer, no servizo de comedor e madrugadores. Con moito esforzo e dedicación elaboraron a nosa cheminea de Nadal, con material de refugallo. As chemineas máis votadas, terán premio!! 

Para votar, tedes que acceder á publicación de Instagram en @colechef_ e darlle a "Me gusta" na nosa cheminea. Aquí a ligazón para acceder:

Compartide e votade. Moitas grazas.

Unha aperta.