Carnés de familias socias

08.01.2024

Prezadas familias:

📚 Hoxe comeza o segundo trimestre! Agardamos que a tan ansiada volta á rutina, despois das emocións do Nadal, se asente con éxito nas vosas vidas, sen perder de vista que xa só chegan 35 días para o martes de Entroido! 🥸  Ánimo! 

👑​Este ano, a visita dos Reis Magos ao noso cole, xa foi case un comezo de novo trimestre, onde moitas familias do Ramón puidemos compartir un momento da máxima expresión do significado de comunidade.

🪪 Hoxe, con esta nova, queremos informarvos que xa todos os carnés de familias socias foron enviados por mail aos enderezos electrónicos que nos achegastes cando cubristes o formulario de alta/renovación para este curso 2023-2024.

🤔 Se non o recibistes, pode deberse a algún dos seguintes motivos:

  • Existencia dalgún dato incorrecto no proceso
  • Que non completastes o proceso co pago da cota anual
  • Que non completastes o proceso enviando o formulario de alta/renovación
  • Que o teñades na carpeta de spam do voso correo. Revisade!

📨  En caso de que non o atopedes, poñédevos en contacto con nós. Podedes chamarnos ao teléfono da ANPA, enviar un WhatsApp ou enviar un mail.

 ✅  Se xa o recibistes, non tedes que facer nada máis. Non é necesario imprimilo  e podedes levalo no voso móbil. Será necesario para próximos eventos, acceso a festas, etc. 

​🔛 Bo comezo de semana!