Axuda comedor curso anterior (2022-23)

27.02.2024

Prezadas familias,

A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2022-2023, por unha contía total de 12.794,64 €. Todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado (agás aqueles que xa contan coa concesión dunha bolsa comedor e teñen exención de pago) poden beneficiarse desta axuda, que se materializa no 16,15 % do importe total dos pagos satisfeitos por cada un.

Como en cursos anteriores, é posible doar toda ou parte desta axuda á ANPA, ou ben solicitar o ingreso da totalidade da contía na conta bancaria que nos indiquedes, descontando neste caso o custo da comisión que aplica o banco polo concepto de transferencia bancaria, para non repercutir ese custo ao resto das familias.

Este ano, unha vez máis, e para garantizar a confidencialidade dos datos e outorgar a todas as familias o dereito a decidir sobre a súa axuda, facilitamos en sobre cerrado o impreso de cobro de forma individualizada, que levarán os vosos fillos e fillas para a casa nos vindeiros días. Este impreso deberá ser cuberto e entregado á ANPA antes do 31 de marzo. De non ser así, entenderase que renunciades ao ingreso da axuda. Podedes entregar o impreso cuberto no buzón da ANPA ou envialo ao noso mail escaneado ou fotografiado, antes da data indicada.

Moitas grazas.