Actividades extraescolares 2022-2023

O seguinte cadro recolle a oferta final de actividades extraescolares deseñada a partir das inscricións realizadas para o curso 2022-2023:

A inscrición en todas as actividades está aberta ata cubrir o cupo máximo de alumnos e alumnas por grupo. 

Cadro de actividades definitivo

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
16
A 17
LUDIVERSO, todos os grupos (Infantil, 1º-3º Primaria e 4º-6º Primaria)
SONICREQUES
Infantil
PREDEPORTE
1º 2º e 3º Primaria
PREDEPORTE
1º 2º e 3º Primaria
SONICREQUES
Infantil
XOGOS MOTORES
Infantil
INGLÉS
Infantil
XOGOS MOTORES
Infantil
INGLÉS
Infantil
BAILE MODERNO
3º 4º 5º e 6º Primaria
BAILE MODERNO
3º 4º 5º e 6º Primaria
NATACIÓN
3º e 4º Primaria
17
A 18
SONICREQUES
1º 2º e 3º Primaria
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria MULTIDEPORTE Primaria MULTIDEPORTE
4º 5º e 6º Primaria
MULTIDEPORTE Primaria
INGLÉS
1º 2º e 3º Primaria
INGLÉS
1º 2º e 3º Primaria

LUDIVERSO

Baixo a denominación Ludiverso e atendendo ás vosas peticións, deseñamos un programa que garante unha actividade complementaria de calidade e calidez.

Inicialmente foi pensada como unha actividade para aquelas nenas e nenos que, por necesidades de conciliación da súa familia, permanezan na escola ata as 17 ou ata as 18 horas. Finalmente, para o curso 2022-2023 só foi solicitada polas familias en horario de 16 a 17 horas. A actividade contará cun equipo estable de educadoras multidisciplinar na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais.

En Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas, así como deportivas, xogos e proxectos. Unha aventura dinámica na que o grupo experimentará diferentes actividades complementarias e que supón unha experiencia lúdica, persoal e social moi enriquecedora para os nenos e nenas.

Ludiverso inclúe actividades do programa de Deporte no Centro, que pretende favorecer o desenvolvemento integral do alumnado a través da práctica da actividade física e deportiva. Por todo isto, as propostas están adaptadas ao nivel madurativo dos participantes, comezando co xogo como recurso lúdico e pedagóxico na etapa de Educación Infantil e o deporte nos últimos anos de Educación Primaria. Para os primeiros cursos de Primaria óptase polo predeporte e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.

A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal.

Ludiverso inclúe tamén a actividade de lecer de Arte e Cultura no Centro, unha proposta de ocio educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretenemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízase a través de Obradoiros, actividades multidisciplinares que abranguen diferentes áreas de contidos artísticos e culturais baixo unha estrutura de talleres. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización. Actividades culturais e artísticas coma o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc.

A INSCRICIÓN nesta actividade farase para os cinco días da semana, con horario de 16 a 17 horas e pode facerse polos seguintes medios:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

PREZOS: A actividade inclúe 3 obradoiros, cun custo total de 15€/mes por alumno ou alumna, en horario de luns a venres con saída ás 17 horas.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

SONICREQUES

Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as suas capacidades e gustos musicais. 

Impártese nas seguintes modalidades:

  • INFANTIL: Luns ou Venres de 16h a 17h.
  • 1º, 2º e 3º de PRIMARIA: Luns de 17h a 18h.

PERIODO DE INSCRICIÓN: aberto para os grupos formados, ata acadar o máximo.

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023. 

PREZOS: O custo da actividade é de 15€/mes por alumno ou alumna.

A INSCRICIÓN pode solicitarse mediante o formulario que atoparedes na súa web ou no enlace posterior, o cal teredes que descargar, cubrilo e escanealo ou facerlle unha foto e envialo por correo electrónico a sonicreques@gmail.com

Máis información na súa web: https://sonicreques.wordpress.com/

XOGOS MOTORES INFANTIL

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Infantil.

É unha actividade con propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo, orientadas a desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricos.

Plantexa obxectivos como adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas, desfrutando da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.

A INSCRICIÓN pode facerse polos seguintes medios, para os grupos do cadro de actividades:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna. 

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

INGLÉS

Esta actividade de idioma forma parte do programa de Idiomas no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais tanto para os grupos de Educación Infantil como de Educación Primaria.

É unha proposta que procura un achegamento á lingua inglesa desde unha parte máis lúdica, co obxectivo de adquirir comprensión e fluidez na comunicación oral, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas.

Esta actividade procura a interrelación dos contidos propios da lingua inglesa con disciplinas e actividades atractivas para os e as participantes, así como tamén a mellora da capacidade de escoita comprensiva a través de recursos baseados en centros de interese que fomenten a participación activa do alumnado. Pretende potenciar a expresión oral a través de temáticas que resulten motivantes para os e as escolares, nun contexto de confianza e relaxación, que lles permita adquirir seguridade e soltura na comunicación oral coa fin de favorecer o seu uso cotián.

A metodoloxía das actividades desde programa defínese por tres características: actividade complementaria, contorna lúdica e participación activa do alumnado.

Atenderase aos intereses do alumnado, apoiándose permanentemente o contexto nas habilidades derivadas do uso oral do idioma, con actividades enfocadas a resolver necesidades da vida cotiá.

A avaliación será de modalidade continua. Empregaranse ferramentas de avaliación oral por medio de conversas, de exposicións, de postas en común... para valorar o nivel individual do alumnado.

Impártese nas seguintes modalidades:

  • INFANTIL: Martes e Xoves de 16h a 17h.
  • 1º, 2º e 3º de PRIMARIA: Martes e Xoves de 17h a 18h.

A INSCRICIÓN pode facerse polos seguintes medios, para os grupos do cadro de actividades:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

PREZOS: As cotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 45€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 45€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 30€ por alumno ou alumna. 

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes 

PREDEPORTE

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

É unha actividade con propostas baseadas no predeporte, como unha evolución natural dos xogos motores e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.

A INSCRICIÓN pode facerse polos seguintes medios, para os grupos do cadro de actividades:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPA s para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

MULTIDEPORTE

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Primaria.  

É unha proposta deportiva que plantexa unha práctica máis estructurada, adecuada ao nivel madurativo dos e das participantes, con propostas deportivas variadas e máis específicas.

A INSCRICIÓN pode facerse polos seguintes medios, para os grupos do cadro de actividades:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

BAILE MODERNO

Esta actividade deportivo-rítmica forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais, os martes e xoves de 16h a 17h. para os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

É unha proposta que plantexa unha actividade deportiva estructurada a nivel de actividades rítmicas e motóricas onde a través da música se explora o movemento corporal individual e coordinación grupal a través de coreografías.

A INSCRICIÓN pode facerse polos seguintes medios, para o grupo do cadro de actividades:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

Organización actividades

O seguinte cadro recolle a información sobre a organización das actividades extraescolares do curso 2022-2023:

ACTIVIDADE EDUCADOR/A RESPONSABLE PUNTO DE RECOLLIDA E ENTREGA ÁS FAMILIAS
LUDIVERSO Infantil Alba Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
LUDIVERSO 1º a 3º Primaria Diego Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos ao educador
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
LUDIVERSO 4º a 6º Primaria Pablo Naya Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
INGLÉS Infantil Claudia e Emilio Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos aos educadores
responsables da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
INGLÉS 1º a 3º Primaria Claudia Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos aos educadores
responsables da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables.
XOGOS MOTORES Infantil Cristina Piñeiro Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla.
Os nenos e nenas do comedor agardan neste espazo co equipo
educativo do comedor.
PREDEPORTE 1º a 3º Primaria Pablo Barreiro Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla.
Os nenos e nenas do comedor agardan neste espazo co equipo
educativo do comedor.
MULTIDEPORTE 3º a 6º Primaria Pablo Barreiro Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos educadores responsables.
BAILE MODERNO 3º a 6º Primaria Cristina Nino Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.As familias agardan coas nenas e nenos ata que a educadora responsable da actividade os recolla.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos educadores responsables.
NATACIÓN 3º e 4º Primaria Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio.
As familias achegan e recollen as nenas e nenos. O bus pasa ás
16:15 e regresa ao mesmo punto ás 17:55. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole.
SONICREQUES Cristóbal Porta do Comedor, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal. As familias agardan na entrada do
comedor a que o educador responsable desta actividade recolla ás
nenas e nenos. Os nenos e nenas de 1º a 3º de Primaria que veñen da actividade de 16 a 17, serán acompañados polos educadores responsables.
MULTIDEPORTE Primaria Diego Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos