Actividades extraescolares 2024-2025


O seguinte cadro recolle a proposta de actividades extraescolares para o curso 2024-2025, deseñada segundo as enquisas de valoración do curso pasado e de propostas das familias, de outubro a xuño, en horario de 16 a 18 horas, de luns a venres.

A inscrición das actividades públicas (ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs) está aberta ata cubrir o cupo máximo de alumnos e alumnas por grupo, na seguinte ligazón:

Cadro proposto de actividades 2024-25 (*)

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
16
A 17
LUDIVERSO, todos os grupos (4º-6º de Infantil, 1º-3º de Primaria e 4º-6º de Primaria)
SONICREQUES
4º 5º e 6º
Infantil
ENGLISH LAB
4º 5º e 6º
Infantil
ENGLISH LAB
4º 5º e 6º
Infantil
SONICREQUES
4º 5º e 6º
Infantil
ROBÓTICA (segundo inscricións)
17
A 18
LUDIVERSO, todos os grupos (4º-6º de Infantil, 1º-3º de Primaria e 4º-6º de Primaria)
SONICREQUES
Primaria
PREPATINAXE I
5º e 6º
Infantil
ENGLISH LAB
4º 5º e 6º
Primaria
PREPATINAXE I
5º e 6º
Infantil
SONICREQUES
Primaria
PREDEPORTE
1º 2º e 3º
Primaria
PREPATINAXE II
1º 2º e 3º
Primaria
PREDEPORTE
1º 2º e 3º
Primaria
PREPATINAXE II
1º 2º e 3º
Primaria
ENGLISH LAB
4º 5º e 6º
Primaria
MULTIDEPORTE
4º 5º e 6º
Primaria
ENGLISH LAB
1º 2º e 3º
Primaria
MULTIDEPORTE
4º 5º e 6º
Primaria
ENGLISH LAB
1º 2º e 3º
Primaria
PREXADREZ
1º 2º e 3º
Primaria
PREXADREZ
1º 2º e 3º
Primaria
XADREZ
4º 5º e 6º
Primaria
XADREZ
4º 5º e 6º
Primaria
ROBÓTICA
(segundo inscricións)

* A formación de grupos está condicionada a que se acaden o mínimo de inscricións por grupo de idade.

** Coma todos os anos, tamén se ofertará no noso centro a actividade de Natación do programa Concellería de Deportes do Concello da Coruña. Publicaremos a información unha vez nola remitan dende a Concellería.


ACTIVIDADES PÚBLICAS

As actividades extraescolares de iniciativa pública que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña, segundo o programa de lecer educativo, con actividades que comparten o obxectivo de promover un desenvolvemento integral na mocidade, abarcando tanto o aspecto físico como o socioemocional.

PROGRAMA DE ARTE E CULTURA

Ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar dos nenos, promovendo o seu desenvolvemento integral a través de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.

LUDIVERSO

Baixo a denominación Ludiverso, ofértase por terceiro ano consecutivo a nosa actividade estrela. Unha aposta que parte do traballo conxunto entre claustro e ANPA para ofrecer unha proposta de conciliación cun alto nivel de calidade educativa e que foi ademais das propostas mellor valoradas polas familias nas enquisas de avaliación (4.83 puntos de 5).

Segue unha metodoloxía que desenvolve aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal. A actividade contará cun equipo estable de educadoras e educadores na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais, facendo a experiencia moi familiar e enriquecedora.

En Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas, así como deportivas, científicas, de novas tecnoloxías, ... Unha aventura dinámica na que estes contidos xiran en torno a unha temática ou centro de interese que mudará cada trimestre.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

Está DIRIXIDA a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
  • 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria
  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria

A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.

HORARIO: Para todos os grupos de idade, a escoller:

  • De luns a venres, de 16 a 17 horas.
  • De luns a venres, de 16 a 18 horas.

A INSCRICIÓN nesta actividade farase para os cinco días da semana, para todos os grupos, sendo compatible coa inscrición na actividade ENGLISH LAB, xa que o programa Ludiverso non inclúe o traballo de idiomas. Pode facerse ata o 15 de setembro a través da ligazón:

Podedes atopar as instruccións da nova appweb para facer a inscrición, na ligazón:

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas ao longo do curso, dependendo do horario de realización:

  • Luns a venres, de 16 a 17 horas: A cota é de 63 €/trimestre.
  • Luns a venres, de 16 a 18 horas: A cota é de 105 €/trimestre.

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (31,50 €/trimestre ou 52,50 € segundo o horario seleccionado).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25.


PROGRAMA DE DEPORTE NO CENTRO

O programa promove o poder do deporte para o desenvolvemento completo do alumnado, onde cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento da rapazada, agrupadas en diferentes escolas deportivas.

As actividades propostas, todas elas impartidas en formato de 2 horas semanais en días alternos, son as seguintes:

  • PREDEPORTE: para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os luns e mércores de 17 a 18 h
  • MULTIDEPORTE: para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educacion Primaria, os luns e mércores de 17 a 18 h.
  • PREPATINAXE I: para os grupos de 5º e 6º de Educación Infantil, os martes e xoves de 17 a 18 h.
  • PREPATINAXE II: para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves de 17 a 18 h.
  • PREXADREZ: para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves de 17 a 18 h.
  • XADREZ: para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os martes e xoves de 17 a 18 h.

Para todas elas:

O PERIODO DE REALIZACIÓN será do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo. 

A INSCRICIÓN en cada actividade pode facerse ata o 15 de setembro, a través da nova appweb da Federación accesible na seguinte ligazón: 

Podedes atopar as instruccións na ligazón:

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso.

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25.


PROGRAMA DE IDIOMAS

O programa é unha emocionante proposta de lecer centrada na aprendizaxe de idiomas estranxeiros de forma divertida, cun enfoque lúdico, onde o alumnado participa activamente e cunha forte énfase no desenvolvemento de habilidades comunicativas prácticas para a vida cotiá.

ENGLISH LAB

Baixo o concepto English Lab ofrécese unha inmersión en inglés adaptada a todas as etapas educativas, onde o xogo é fundamental. Integrando contidos do idioma con disciplinas e actividades atractivas, mellorando a capacidade de escoita a través de temas interesantes que promoven a participación activa.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

Plantéxase en formato de dúas sesións semanais dunha hora cada unha, en días alternos. A oferta de actividades plantéxase en 3 grupos segundo tramos de idade nos seguintes días e horarios:

  • ENGLISH LAB 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: os martes e xoves de 16 a 17 h
  • ENGLISH LAB 1º, 2º e 3º de Educación Primaria: os martes e xoves de 17 a 18 h.
  • ENGLISH LAB 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: os mércores e venres de 17 a 18 h.

A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo. 

A INSCRICIÓN en cada actividade pode facerse ata o 15 de setembro, a través da nova appweb da Federación accesible na seguinte ligazón:  

Podedes atopar as instruccións na ligazón:

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 45 €/trimestre ao longo do curso.

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (22,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25.


ACTIVIDADES PRIVADAS

As actividades extraescolares de iniciativa privada que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas directamente polas empresas responsables de cada unha e foron seleccionadas en base ás enquisas de avaliación e para dar resposta ás propostas das familias a actividades que non estaban incluidas en programas de iniciativa pública.

SONICREQUES

Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicais. 

Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Luns ou Venres de 16h a 17h.
  • Educación Primaria: Luns ou Venres de 17h a 18h.

INSCRICIÓN: farase a través da ligazón accesible desde a propia páxina web de Sonicreques.

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

PREZOS: O custo da actividade é de 15,31€/mes por alumno ou alumna, en pagos mensuais ou trimestrais.

A INSCRICIÓN poderá realizarse segundo as instruccións que podedes atopar no blog de Sonicreques, na seguinte ligazón:


ROBÓTICA

É unha actividade que ten como obxectivos acercar e demostrar as posibilidades das disciplinas STEAM, a resolución de retos e a execución de proxectos para o alumnado, con diferentes niveis adecuados á idade e coñecementos de cada grupo.

Emprega unha metodoloxía activa na que o alumnado ten o papel protagonista de xeito que sexan os principais tomadores de decisións, con clases completamente prácticas que se fundamentan no xogo para garantir a interiorización dos contidos e o éxito do proceso formativo. 

Os contidos que se traballarán son o acercamento á robótica e a programación, a tecnoloxía e o deseño e impresión 3D, con propostas que variarán semanalmente. 

A actividade impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:

  • 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria: Martes, en horario pendente de definir segundo inscricións e preferencias das familias.
  • 3º a 6º de Educación Primaria: Martes, en horario pendente de definir segundo inscricións e preferencias das familias.

A actividade estará impartida pola empresa local EnxeñoLabs by Dismedia. É preciso un mínimo de inscricións en cada grupo para que a actividade poida iniciarse, e serán eles quen vos informen de que grupo vai en cada horario.

PERIODO DE INSCRICIÓN: aberto ata cubrir o máximo de inscricións

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

PREZOS: O custo da actividade é de 25€/mes por alumno ou alumna.

A INSCRICIÓN poderá realizarse mediante o formulario habilitado na seguinte ligazón: 

Máis información da actividade na súa web: https://enxenolabs.gal/ 

E tamén no seguinte díptico: