Novas Actividades Extraescolares Propostas 

Segundo vos informamos na web e na xuntanza de actividades, e tendo en conta as vosas achegas polo formulario que se habilitou, presentamos unha nova proposta de actividades que se sumaría ás xa confirmadas.

Podedes consultalas no seguinte cadro e podedes facer a preinscrición do xoves 29 de setembro ao domingo 2 de outubro, na seguinte ligazón:

Cadro de novas actividades proposto

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
NOVAS PROPOSTAS 16 A 17 PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria
NOVAS PROPOSTAS 17 A 18 PREPATINAXE e PATINAXE
Infantil e Primaria
XOGOS MOTORES Infantil PREPATINAXE e PATINAXE
Infantil e Primaria
XOGOS MOTORES Infantil
ROBÓTICA
Infantil e Primaria
PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria

Estas actividades pertencen ao programa de deporte no centro da Federación (Predeporte, Multideporte, Xogos Motores, Prepatinaxe e Patinaxe). No caso de Robótica o proveedor da actividade é EnxeñoLabs By Dismedia. Tedes a continuación máis información.

ROBÓTICA

A proposta que deseñamos para Robótica está confeccionada por EnxeñoLabs By Dismedia e ten como obxectivos acercar e demostrar as posibilidades da robótica e da programaciópn para a resolución de retos e a execución de proxectos STEAM

Empregarase unha metodoloxía activa na que o alumnado ten un papel protagonista e son os principais tomadores de decisións, onde as clases son completamente prácticas para garantir a interiorización dos contidos. A persoa formadora actuará como transmisor de coñecementos e ferramentas básicas que serán empregadas posteriormente para desenvolver retos, acompañando ao grupo na execución de actividades e fomentando a toma de decisións.

Plantexaranse tres tipos de actividades co alumnado polas cales poderán adquirir coñecementos sobre robótica e programación. Serán traballados a través de proxectos cunha temática concreta. As actividades son:

  • Construcción e programación de robots: o alumnado terá que construir diferentes tipos de robots familiarizándose cos seus compoñentes e funcionamento e programalos para que executen unha ou varias ordes. Empregarase material como lego, makeblock, etc.
  • Programación: ensinarase ás participantes a programar a través de plataformas virtuais como Scratch, Mblock, etc. Con este tipo de actividade poderán crear historias, videoxogos, etc.
  • Tecnoloxía e electrónica: acercarase ao alumnado ás placas base, os seus compoñentes e programación, así como tamén á conductividade e á creación de circuitos eléctricos.

Impártese na modalidade de 1 hora semanal, os luns en horario de 17 a 18 h., para todos os grupos de idade, cun número máximo de 12 alumnos por grupo, e sendo necesario un mínimo de 16 inscricións totais para que a actividade poda levarse a cabo.

PERIODO DE INSCRICIÓN: do xoves 29 de setembro ao domingo 2 de outubro na ligazón https://bit.ly/segunda-preinscricion

PERÍODO DE REALIZACIÓN: unha vez se confirme o grupo e ata o 31 de maio de 2023. 

PREZOS: O custo da actividade é de 45€/mes por alumno ou alumna e inclúe materiais e equipamento.

Máis información na súa web: https://dismedia.gal/es/que-facemos/enxeno-labs/

XOGOS MOTORES INFANTIL

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Infantil.

É unha actividade con propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo, orientadas a desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricos.

Plantexa obxectivos como adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas, desfrutando da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.

PERIODO DE INSCRICIÓN: do xoves 29 de setembro ao domingo 2 de outubro na ligazón https://bit.ly/segunda-preinscricion

PERIODO DE REALIZACIÓN: unha vez se confirme o grupo e ata o 31 de maio de 2023 .

PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna. 

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

PREDEPORTE e MULTIDEPORTE

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Primaria, en modalidade luns e mércores de 16 a 17 h, ou ben mércores e venres de 17 a 18 h.

En canto ao predeporte, é unha actividade con propostas baseadas no predeporte, como unha evolución natural dos xogos motores e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.

O multideporte é unha proposta deportiva que plantexa unha práctica máis estructurada, adecuada ao nivel madurativo dos e das participantes, con propostas deportivas variadas e máis específicas.

PERIODO DE INSCRICIÓN: do xoves 29 de setembro ao domingo 2 de outubro na ligazón https://bit.ly/segunda-preinscricion

PERIODO DE REALIZACIÓN: unha vez se confirme o grupo e ata o 31 de maio de 2023 .

PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:

  • Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
  • Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
  • Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPA s para o curso 2022-23.

As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes  

PREPATINAXE e PATINAXE

Esta actividade deportivo-acrobática forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais, os luns e mércores de 17h a 18h. para os grupos de Educación Infantil e Primaria.

É unha proposta que plantexa unha actividade deportiva estructurada de mellora da motricidade xeral con diferentes modalidades segundo o grupo de idade e onde se traballa a coordinación de movementos, o equilibrio e derivando na patinaxe artística.