Asóciate! curso 2024-2025

Para asociarte ou renovar a condición de familia socia para o curso 2024-25 hay que:

1) cubrir o formulario de inscrición en liña

2) aboar a cota anual de 25 € por familia mediante ingreso ou transferencia na conta bancaria da ANPA indicada

3) enviar unha copia do comprobante do ingreso por mail ou no buzón da ANPA

O formulario de inscrición en liña serve só para a toma ou renovación dos datos familiares e é necesario cubrir os datos cada ano que se renova. A alta ou renovación non terá efectos se non se fai o pago da cuota anual na conta (25 €):

IBAN: ES24 2080 0068 71 3040003024 

É preciso indicar como concepto cota-24-25 e os apelidos do alumno/a. Como ordenante indicar o nome do adulto/a que fai o ingreso.

Entre outubro e decembro iremos enviando progresivamente os novos carnés ás familias para este curso.

Son moitas as vantaxes de ser familias socias
  • 👐  Participación activa na educación dos vosos fillos e fillas
  •   Representar os intereses do alumnado e as familias ante o centro educativo
  • 🏫 Colaboración co persoal docente e a dirección do centro
  • 🧑‍🎓 Mellora do ambiente escolar creando un entorno escolar en positivo, fomentando a convivencia
  • 🤾‍♂️ Beneficios á hora de participar en actividades fóra do horario lectivo
  • 📧 Recibir información de interese da ANPA e dos temas escolares durante o curso lectivo
  • 🧑‍🏫 Beneficios á hora de acceder a recursos de apoio, formacións, charlas, talleres, etc.
  • 🪪 Dispoñer do carné de familia socia, que reforza a identidade da nosa comunidade educativa
  • 🫂 Apoio mutuo entre familias, establecendo novas relacións con outros pais e nais que comparten inquietudes e experiencias parellas. Reforza o sentimento de pertenza e comunidade
  • 🥳  Beneficios á hora de acceder e participar nas festas que se organizan ao longo do curso

Formulario en liña de inscrición ou renovación de datos