Banco de préstamo de libros de texto
Segundo se aprobou en asemblea ordinaria, a ANPA merca e cede en préstamo todos* os libros de texto para os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria, que non obtiveran o fondo de libros da Xunta, que non o solicitaran ou que non lles cubran todas as materias. Con esta iniciativa e este sistema de préstamo que se articula en coordinación co colexio, as familias quedan liberadas da merca de libros de texto.
Para facer facer un bo aproveitamento dos recursos da ANPA e unha correcta provisión do material, é preciso facer a solicitude dos libros o antes posible para o curso 2024-2025, no formulario habilitado na seguinte ligazón:
* Non se incluen os caderniños escribibles. Estes deben ser mercados polas familias por ser material dun só uso.