Como remate do primeiro trimestre en Ludiverso de Primaria, escollemos a temática cunha ruleta, segundo a categoría que quixemos tratar. Empezamos cun xogo de categorías, onde distintos nomes estaban agochados por distintas estancias do cole que había que buscar. Unha vez atopados, clasificámolos segundo a categoría á que pertencesen (flores...
Blog Extraescolares
Durante este primeiro trimestre de Predeporte de 1º a 3º de Primaria traballamos as principais habilidades motrices no mundo do deporte (velocidade, resistencia, coordinación, control da forza,…). Desenvolvemos xogos que buscan mellorar o traballo en equipo, orientando aos alumnos ás dinámicas de xogo dos deportes colectivos, buscando aumentar a...
Os máis pequenos e pequenas de Inglés Infantil estivemos traballando un conto: "The boy who cried wolf" e facendo manualidades e representacións relacionadas con el.
En Inglés de 4º a 6º de Primaria aplicamos o idioma ao deporte con xogos moito máis dinámicos como o tenis, o fútbol ou o baloncesto, combinándoos con preguntas de cultura xeral en inglés. Tamén puxemos en práctica os nosos coñecementos con xogos como o balón prisioneiro ou o pano.
En Inglés de 4º a 6º de Primaria iniciamos o curso con actividades de práctica do idioma en canto á presentación persoal dos nenos e nenas, para que se coñezan e practiquen falar de si mesmos, dos seus gustos, da súa forma de ser, etc.
Os grupos de Ludiverso de 1º a 3º e de 4º a 6º de primaria colaboramos e xuntámonos para facer unha actividade baseada no xogo "el virus" e aproveitamos algún día de choiva para fabricar as cartas que usaremos.
Os máis pequenos de Ludiverso iniciamos este primeiro trimestre a temática adicada á educación para a saúde e coñecemos os "emonstruitos", que nos falan das emocións e como xestionalas.
Os nenos e nenas de infantil en Xogos Motores estivemos a coñecernos durante este primeiro mes de outubro a través de xogos movidos para focalizar a enerxía, xogos de coordinación con pelotas e globos, xogos de roles nos que intercambiamos os papeis, xogos de equilibrio empregando os materiais do ximnasio e tamén contamos contos motores nos que nos...