Cambiadores e Conciliación comedor

Os servizos de cambiadores e de conciliación a mediodía, despois de comedor, son dous servizos que só se ofertan en caso de alcanzar un mínimo de solicitudes. ARUME é a empresa encargada, ao igual que nos servizos de comedor e madrugadores.

Aberto o prazo de solicitude dos servizos para o curso 2024-2025. De non chegarse ao mínimo de 10 solicitudes, non se ofertarán estos servizos.

Cambiadores

Este servizo está especialmente pensado para as familias que inician a súa andaina no primero curso de infantil, como axuda á conciliación, de xeito que os monitores de ARUME se encargarían de mudar aos nenos ou nenas que ainda non acadaron o control de esfínteres.

A cobertura do servizo ten un alcance de todo o horario escolar, ata a saída de comedor.  

Pódese solicitar en dúas modalidades:

  • Mensual: Mediante o pago dunha tarifa plana en modalidade mensual: 19.04 €/mes
  • Esporádico: Mediante o pago individual de cada intervención necesaria para cambiar aos nenos ou nenas: 3.20 €/intervención

Conciliación comedor

O servizo de conciliación de comedor é un novo servizo para aquelas familias que precisan unha extensión de tempo á hora de recoller aos seus fillos e fillas despois do comedor e que non teñen intención de quedarse a actividades extraescolares en horario de tarde.

Consiste en que os nenos e nenas poden permanecer no centro en horario de 16 a 16:30 h.

Pódese solicitar en modalidade mensual e ten un custo de 14.74 €/mes.

A solicitude destes servizos pode facerse, ao igual que o resto de servizos que presta Arume, a través da aplicación Colechef.