Comedor e Madrugadores

Os servizos de comedor e madrugadores están xestionados pola ANPA. A empresa encargada do servizo é ARUME, con servizo no comedor do centro.

Madrugadores

Este servizo acolle aos nenos e nenas antes do comezo das clases, entre as 7:30 e as 8:30 h.


Comedor

O servizo de comedor no centro funciona de 13:30 a 16:00 h. O servizo está dividido en quendas. A saída será de 15:45 a 16:00 h. Ademais, en caso de nececisade (avisando previamente a ARUME), poderá sairse ás 15:15 h. 

Normativa de contratación curso 2024-2025

TARIFAS:

Comedor

5.66 €/día 

Comedor esporádico

6.87 €/día

Madrugadores con almorzo

2.34 €/día

Madrugadores con almorzo esporádico

3.64 €/día 

Madrugadores sen almorzo

1.29 €/día 

Madrugadores sen almorzo esporádico

2.46 €/día 

Cambiadores*

19.04 €/mes 

Intervención cambiadores*

3.20 €/intervención 

Custodia mediodía (de 16:00 a 16:30 h)*

14.74 €/mes 

*para que o servizo de cambiadores e custodia mediodía poda levarse a cabo deberán estar contratados como mínimo 10 usuarios/as.

DESCONTOS:

  • Segundo irmán/á (ambos usuarios dos servizos): 10% na mensualidade do irmán máis novo.
  • Familia numerosa (3 ou máis irmáns usuarios dos servizos): 5% na mensualidade para todos.
  • Usuario de madrugadores e comedor: 7% no servizo de comedor.

MODALIDADES DE CONTRATACIÓN:

  • Fixo: en caso de necesitar o servizo uns días fixos á semana. Debe contratarse antes do día 25 do mes anterior ao servizo.
  • Calendario: en caso de precisar o servizo uns días sen periodicidade semanal e se sabe con antelación. Debe contratarse antes do día 25 do mes anterior ao servizo.
  • Esporádico: en caso de necesitar o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe contratarse o día lectivo anterior antes das 18:00 h. (as fins de semana ou días non lectivos non se poderán facer modificacións).

As peticións de altas, baixas ou modificacións do servizo (incluíndo o calendario de días) poderá facerse ata o 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte.

XESTIÓN DIARIA:

A comunicación diaria de asistencias extra ou ausencias nos servizos deberá realizarse mediante a app Colechef antes das 18:00 h. do día lectivo anterior ao servizo.

FACTURACIÓN:

A facturación será por días de asistencia dos servizos, contemplando o desconto por ausencias notificadas antes das 18:00 h. do día lectivo anterior.

A alta/renovación, así como calquera xestión co servizo de comedor e madrugadores debe facerse a través da app ColeChef. ColeChef é unha app que constitúe o xeito de comunicación co servizo de comedor escolar. Con esta app, o servizo será máis personalizado e a comunicación máis sinxela.

Para máis información sobre estes servizos, dúbidas ou aclaracións, contactar directamente coa empresa ARUME:

Autorización saídas

Para poder recoller aos vosos fillos e fillas, tedes que cubrir os impresos de autorización de saída do comedor e de uso de imaxe. Podedes entregalo ás monitoras no propio comedor ou no buzón da ANPA. Poden descargarse nas seguintes ligazóns:

Consulta aquí o menú de comedor do mes actual