Cóxegas setembro 2024

O programa Cóxegas ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao logo de tres semanas no mes de setembro, no que as ANPAs non desenvolven actividades extraescolares. A rapazada gozará de xogos, deportes e actividades lúdicas participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomentan o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.
Os obxectivos do programa Cóxegas son:
- Ofertar una vía de conciliación familiar no propio centro educativo.
- Afianzar hábitos e normas de comportamento en convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, etc. baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura ao longo destas 3 semanas de duración do programa.
Para este curso 2024-2025 realizarase no seguinte periodo:
- SETEMBRO: do 11 ao 30 de setembro de 2024
- HORARIO: De luns a venres, de 16 a 17 ou de 16 a 18 h., segundo solicitude. Non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h.
- COTAS A ABOAR: 15 € por participante. Ademais, todos os escolares deberán aboar 4 € en concepto de seguro de accidentes. Os escolares beneficiarios de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (7,5 €).
- INSCRICIÓNS: do 19 de agosto ao 3 de setembro (incluido) no portal da Federación de ANPAs accesible na seguinte ligazón:
- INSTRUCCIÓNS: Na seguinte ligazón atoparedes información do proceso de inscrición na nova appweb do portal da Federación de ANPAs: