FAQs
Nesta sección de preguntas frecuentes podedes atopar resposta ás preguntas máis comúns. Calquera outra consulta ou dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do formulario de contacto ou no mail da ANPA.
1. Como solicitamos os libros de texto á ANPA?
Para aquelas familias non solicitantes do fondoLibros da Xunta, ou ben que non lles foi concedido, ou ben só lles foi concedido parcialmente, a ANPA, en colaboración co colexio e dando cumplimento ao aprobado na asemblea, pon en marcha un banco de préstamo de libros de texto de 3º a 6º de Primaria. Debe facerse a solicitude dos mesmos, nas datas indicadas, na sección banco de libros da web, accesible na seguinte ligazón:
2. Como podo solicitar ou renovar o servizo de comedor?
A información está na seguinte sección da web e a xestión faise directamente coa empresa Arume, a través da app Colechef:
3. Quen pode ser socio ou socia da ANPA RASA?
Calquera pai, nai ou titor/titora legal dun neno ou nena matriculado no CEIP Ramón de la Sagra. Son moitos os beneficios de ser familia socia:
4. É obrigatorio ser socio da ANPA?
Non é obrigatorio, pero si recomendable porque entendemos que aporta moitas vantaxes:
- Participación activa na educación dos vosos fillos e fillas
- Contribuir nos proxectos que poden levarse a cabo: mantemento do banco dos libros de texto, melloras das instalacións, mercas de material, manter o custo de educadores, etc.
- Representar os intereses do alumnado e as familias ante o centro educativo
- Colaboración co persoal docente e a dirección do centro
- Mellora do ambiente escolar creando un entorno escolar en positivo, fomentando a convivencia
- Beneficios á hora de participar en actividades fóra do horario lectivo
- Recibir información de interese da ANPA e dos temas escolares durante o curso lectivo (boletíns de novas)
- Beneficios á hora de acceder a recursos de apoio, formacións, charlas, talleres, etc.
- Dispoñer do carné de familia socia, que reforza a identidade da nosa comunidade educativa
- Apoio mutuo entre familias, establecendo novas relacións con outros pais e nais que comparten inquietudes e experiencias parellas. Reforza o sentimento de pertenza e comunidade
- Beneficios á hora de acceder e participar nas festas que se organizan ao longo do curso
5. Como podemos facernos socios da ANPA?
A alta/renovación de familias socias debe facerse en 3 pasos:
- cubrir o formulario de alta/renovación de datos
- aboar a cota por ingreso ou transferencia
- enviar o xustificante da transferencia ao mail da ANPA
Toda a información detallada está na seguinte sección da web:
6. Como podo saber se somos socios da ANPA?
A condición de familia socia é necesario renovala todos os anos e dispoñer do último carné de socias do curso en vigor. Para iso tedes que ter cuberto o formulario de renovación de datos, pagado a cota de 25 € e enviado o xustificante. Se non o fixestes NON sodes socios. É normal despistarse, en caso de dúbida, sempre podedes consultarnos por mail ou teléfono se estades na base de datos do ano en curso.
7. Que axudas económicas existen para o alumnado usuario de comedor?
Existen dous conceptos diferentes no relacionado coas subvencións de comedor:
1️⃣ Por unha banda están as bolsas de comedor ás que, por exemplo, fan referencia estas novas que publicamos na web:
➡️ Consisten na axuda para o pago do comedor escolar ao alumnado empadroado no Concello da Coruña, escolarizado en centros educativos que se atopen dentro do termo municipal, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria. Solicítase o ano anterior para o curso seguinte e a súa resolución depende da Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade.
2️⃣ Por outro lado, está a axuda ou subvención que recibe a ANPA pola xestión dos servizos de comedor. Máis información, por exemplo, nesta nova:
Axuda comedor curso anterior (2023-24)
➡️ Consiste nunha subvención que solicita e que recibe a ANPA en concepto de xestión do servizo de comedor cada ano con respecto ao curso anterior. A ANPA RASA ten aprobado en asamblea facer un reparto proporcional destas axudas entre as familias usuarias de comedor, que non sexan beneficiarias da bolsa de comedor (xa que estas están exentas de pago). Cada familia decide se quere ingresar a axuda, ou ben a doa para mellorar o servizo (madrugadores NEAE ou outros proxectos).
As axudas son excluíntes entre si.
8. Somos usuarios de comedor, como podemos saber o menú de cada día?
Os menús son consultables desde a aplicación Colechef, para cada día. Tamén podedes consultalos en formato mensual nesta sección da nosa web: