Formación en Mediación
No marco do plan de convivencia posto en marcha no noso centro, para o curso 2023-2024 organizouse unha formación en mediación dirixida ás familias. Esta é unha formación continua que iniciamos as familias en paralelo á levada a cabo polo claustro e polas nenas e nenos, dentro das actuacións que se iniciaron o curso pasado en relación á mellora da convivencia.
Ten un carácter de continuidade ao longo dos meses de outubro a maio. Impartirase os primeiros martes de cada mes, de 17:00 a 20:00 horas (dando comezo o 3 de outubro). Nese horario haberá educadores e educadoras para as nenas e nenos das familias que se inscriban.
As PRAZAS serán limitadas e a formación poderá acreditarse oficialmente.
O prazo de INSCRICIÓN tivo lugar do 11 ao 26 de setembro, pero de forma extraordinaria, permítese a inscrición, con data límite o 31 de outubro, para comezar da segunda xornada en diante.
O PREZO da actividade, que consta de 24 horas distribuidas nun total de 8 sesións, será de 15 € para as familias socias e de 30 € para as familias non socias da ANPA.
A formación será impartida por técnicos do Círculo de Mediación de Galicia (CIMEGA). Na seguinte ligazón tedes o díptico informativo da actividade:
Para formalizar a inscrición neste segundo prazo extraordinario tedes que enviarnos un mail coa seguinte información:
- Asunto: Formación Mediación.
- Número de membros da familia que participarán na formación. Lembrade que esta formación está orientada no ámbito dos pais, nais, titores e titoras. Os nenos e nenas traballarán este aspecto no marco do plan de convivencia do centro, no seu horario lectivo, non nesta formación, polo que non os incluades entre os participantes.
- Nome, apelidos, DNI e email de todos e todas as persoas participantes.
- Apelidos da familia, para que poidamos cotexar se estades asociados á ANPA no curso actual. Revisade que teñades renovada a condición de familia socia para o curso actual (cota aboada, xustificante enviado e formulario de datos cuberto).
- Curso ou cursos nos que están actualmente os vosos fillos ou fillas.
- Indicar se precisades facer uso do servizo de canguro durante o tempo que dure a formación, indicando cantos nenos ou nenas quedarían a cargo dos educadores e educadoras.
- Xustificante do abono por transferencia ou ingreso do importe de 15 € por familia na conta bancaria da ANPA (IBAN: ES24 2080 0068 71 3040003024), indicando no concepto MEDIACION e os apelidos da familia. Lembrade que, no caso de non estar asociados, o importe é de 30 € por familia. A data límite para facer o ingreso é o 31 de outubro.
Co envío do mail formalizaríase a vosa inscrición na formación e autorizades á ANPA a ceder os vosos datos persoais a CIMEGA, coa finalidade exclusiva do ámbito desta formación.
Atenderemos as novas inscricións por orde de chegada ata completar o máximo de prazas e non se permitirán novas inscricións máis alá do 31 de outubro.