Actividades con inscrición aberta

20.09.2024

Prezadas familias:

Como parte dunha comunidade educativa que sempre afronta con éxito todos os retos, necesitamos un último empurrón para pechar as actividades do cadro oficial proposto. Estades a tempo de apuntarvos nas seguintes actividades, que quedaron a pouco de acadar o número mínimo de inscricións:

  • Multideporte 4º-6º de Primaria, de luns e mércores de 17 a 18 h.
  • Predeporte 1º-3º de Primaria, de luns e mércores de 17 a 18 h.
  • English Lab 1º-3º de Primaria, de martes e xoves de 17 a 18 h.
  • English Lab 4º-6º de Primaria, de mércores e venres de 17 a 18 h.

Ademais, dende Federación ofrecen tamén a posibilidade de organizar un grupo de Xadrez de Primaria os luns e mércores de 17:00 a 18:00 h.

Tedes ata o domingo 22 de setembro para inscribirvos agora neste prazo extraordinario, se non o fixestes na inscrición inicial. Enviade un correo a anparamondelasagra@gmail.com facéndonos chegar o voso interese en calquera destas actividades e indicando o nome e curso do alumno/a e un teléfono de contacto. Nós faremos chegar esa información a Federación para poder formar os grupos.

A inicios da vindeira semana confirmaremos definitivamente que actividades saen adiante.

Animádevos! 

Grazas por todo o voso apoio!