⚽ Cadro definitivo Actividades Extraescolares ⚽
Prezadas familias,
dende a Federación de ANPAs e Sonicreques xa están confirmando ás persoas inscritas as actividades que se iniciarán o luns 3 de outubro. O cadro definitivo das actividades coas que se forman os grupos é o seguinte:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
---|---|---|---|---|---|
16 A 17 |
LUDIVERSO, todos os grupos (Infantil, 1º-3º Primaria e 4º-6º Primaria) | ||||
SONICREQUES Infantil |
PREDEPORTE 1º 2º e 3º Primaria |
PREDEPORTE 1º 2º e 3º Primaria |
SONICREQUES Infantil |
||
XOGOS MOTORES Infantil |
INGLÉS Infantil |
XOGOS MOTORES Infantil |
INGLÉS Infantil |
||
BAILE MODERNO 3º 4º 5º e 6º Primaria |
BAILE MODERNO 3º 4º 5º e 6º Primaria |
||||
NATACIÓN 3º e 4º Primaria |
|||||
17 A 18 |
SONICREQUES 1º 2º e 3º Primaria |
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria | MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria |
||
INGLÉS 1º 2º e 3º Primaria |
INGLÉS 1º 2º e 3º Primaria |
Tal e como nos informou a Federación, as familias que estabades inscritas en actividades que non saíron, podedes inscribirvos noutras que si formaron grupo, das que aparecen no cadro anterior.
Para facelo, debedes poñervos en contacto coa Federación a través de:
📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org
📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)
Ademais, segundo vos informamos na web e na xuntanza de actividades, e tendo en conta as vosas achegas polo formulario que se habilitou, presentamos unha nova proposta de actividades que se sumaría ás anteriores:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
---|---|---|---|---|---|
NOVAS PROPOSTAS 16 A 17 | PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria | PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria | |||
NOVAS PROPOSTAS 17 A 18 | PREPATINAXE e PATINAXE Infantil e Primaria |
XOGOS MOTORES Infantil | PREPATINAXE e PATINAXE Infantil e Primaria |
XOGOS MOTORES Infantil | |
ROBÓTICA Infantil e Primaria |
PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria | PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria |
Podedes facer a preinscrición nestas novas actividades do xoves 29 de setembro ao domingo 2 de outubro, na seguinte ligazón:
Estas actividades pertencen ao programa de deporte no centro da Federación (Predeporte, Multideporte, Xogos Motores, Prepatinaxe e Patinaxe), coas mesmas condicións que as xa confirmadas. No caso de Robótica o proveedor da actividade é EnxeñoLabs By Dismedia e ten un custo de 45€/mes por alumno ou alumna. Toda a información sobre elas na seguinte ligazón:
Para que estas novas actividades podan levarse a cabo e formar grupos, é necesario que fagades a preinscrición no prazo indicado, sendo preciso acadar un mínimo de 10 participantes para as actividades que oferta Federación e de 16 inscricións para a actividade de Robótica.
O martes 4 de Outubro recibiredes un correo confirmando os grupos que cubren actividade por chegar ao mínimo de inscritos, e facilitaremos os datos a Federación e EnxeñoLabs para que nos informen da data de inicio destas actividades.
Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades.
Moitas grazas.