Actualización: caso positivo no servizo comedor

22.01.2021

Benqueridas familias:

Con respecto ao caso de positivo no servizo de comedor, vimos de saber que a Consellería de Sanidade, considera que non se produciron contactos estreitos entre os usuarios do devandito servizo.

A aplicación dos protocolos establecidos, os equipos de protección empregados, así como as funcións que levaba a cabo a monitora, fan posible esa conclusión de que non hai risco para os usuarios.

Moitas grazas pola vosa atención.