⚠️ Aviso familias: Cambio de data Xuntanza Actividades Extraescolares 2024-2025

10.09.2024

Prezadas familias:

📢 Informamos de que a xuntanza de Actividades Extraescolares, inicialmente prevista para o luns 16 de setembro, adiántase para este xoves 12 de setembro, no mesmo horario, ás 16:00 h.🔄

Este cambio faise para poder ter coas familias a xuntanza informativa antes do peche do prazo de inscrición das actividades públicas 📝 que será este mesmo domingo 15 de setembro.

🙏 Sentimos as molestias que isto vos poida causar, pero entendemos que é un cambio necesario e lóxico a efectos de organización, que ademais beneficiará a moitas familias 👨‍👩‍👧‍👦 que non poderían asistir debido á coincidencia con outras xuntanzas de primaria de comezo de curso 📚.

👏 Grazas pola vosa comprensión

😊 Contamos coa vosa presenza! E, por suposto, vémonos mañá no gran encontro de toda a comunidade educativa, para festexar o comezo dun emocionante curso escolar.