Aviso importante: recollida de nen@s non conviventes
26.01.2021
Benqueridas familias:
Logo dunha longa conversa coa Xunta de Galicia sobre as novas restricións anunciadas no día de onte, e que entran en vigor esta madrugada, informámosvos do seguinte:
- Toda persoa con autorización para a recollida das nenas e nenos que non sexan conviventes deberán levar unha autorización expresa dos pais na que figure: fotocopia do DNI da nai ou pai, o nome do autorizado, o número do seu DNI e especificando que é a coidadora ou coidador da ou do menor por motivos laborais dos pais, a efecto de servir de xustificación no caso de que algún axente da autoridade competente (Policía Local, Policía Nacional ou Garda Civil) o requerise.
- É importantísimo respectar a distancia social entre pais e nais ás horas de entrada e saída do alumnado ó centro escolar, debido á prohibición de reunións de non conviventes tanto en espazos interiores como abertos.