Axuda comedor curso anterior (2021-22)

01.03.2023

Prezadas familias,

A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2021-2022, por unha contía total de 10.853,64 €. Todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado poden beneficiarse desta axuda, que se materializa no 19,15% do importe total dos pagos satisfeitos por cada un.

Como en cursos anteriores, é posible doar toda ou parte desta axuda á ANPA, ou ben solicitar o ingreso da totalidade da contía na conta bancaria que nos indiquedes, descontando neste caso o custo da comisión que aplica o banco polo concepto de transferencia bancaria.

Este ano, para garantizar a confidencialidade dos datos e outorgar a todas as familias o dereito a decidir sobre a súa axuda, facilitamos en sobre cerrado o impreso de cobro de forma individualizada, que levarán os vosos fillos e fillas para a casa nos vindeiros días. Este impreso deberá ser cuberto e entregado á ANPA antes do 31 de marzo. De non ser así, entenderase que renunciades ao ingreso da axuda. Podedes entregar o impreso cuberto no buzón da ANPA ou envialo ao noso mail escaneado ou fotografiado, antes da data indicada.

As familias que son socias durante este curso e, por tanto, temos os datos de contacto actualizados, tamén recibirán o impreso de cobro por correo electrónico.

Moitas grazas.