Axuda comedor curso anterior (2023-24)
Prezadas familias,
A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2023-2024, por unha contía total de 12.226,83 €. Dende a ANPA, poñemos en marcha o reparto desta axuda entre todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado (agás aqueles que xa contan coa concesión dunha bolsa comedor e teñen exención de pago). Beneficiarse desta axuda, materialízase no 14,93 % do importe total dos pagos satisfeitos por cada un.
Como en cursos anteriores, ofrecémosvos a posibilidade de doar total ou parcialmente esta axuda á ANPA. As achegas que recibamos destínanse a mellorar os servizos educativos e de apoio que ofrecemos, como a contratación dun educador para o servizo de madrugadores, permitindo que todos os nenos e nenas, incluídos os que teñen necesidades educativas especiais (NEAE), poidan recibir a atención que precisan sen limitacións. A vosa colaboración é fundamental para seguir garantindo a calidade e accesibilidade destes servizos. Tamén queremos poñer en marcha un proxecto de harmonización do actual comedor, para darlle un toque de cor e xerar un espazo máis acolledor e un ambiente máis cálido, enfocado no benestar dos nenos e nenas.
Coma sempre, para garantizar a confidencialidade dos datos e outorgar a todas as familias o dereito a decidir sobre a súa axuda de forma anónima, facilitaremos en sobre cerrado o impreso de cobro de forma individualizada, que levarán os vosos fillos e fillas para a casa á volta das vacacións de Entroido. Este impreso deberá ser cuberto e entregado á ANPA antes do 31 de marzo. De non ser así, entenderase que renunciades ao ingreso da axuda e dedicades a súa contía a proxectos como os que destacamos. Podedes entregar o impreso cuberto no buzón da ANPA ou envialo ao noso mail escaneado ou fotografiado, antes da data indicada.
Moitas grazas.