Banco de préstamo de libros da ANPA

12.07.2024

Prezadas familias:

Xa tedes á vosa disposición o formulario para reservar os libros de texto do banco de préstamo da ANPA.

Poden reservar os libros no banco de préstamo da ANPA todas as familias de escolares de 3º a 6º de Primaria que:

  1. Solicitaron os libros ao FondoLibros da Xunta, pero non lles concederon ningún libro.
  2. Solicitaron os libros ao FondoLibros da Xunta, pero só lles concederon parcialmente algún libro.
  3. Non solicitaron o FondoLibros da Xunta. 

As solicitantes do FondoLibros da Xunta, consultade previamente nas listas expostas na entrada do centro se tedes ou non libros concedidos. Se tedes concedido algún, solicitade á ANPA só os que non vos concederan.

Tedes ata o 31 de xullo para cubrir o formulario. Unha vez enviado, non tedes que facer nada máis, recibiredes un correo a principio de curso coa confirmación (unha vez se faga a comprobación de existencias, non é automático). Lembrade que os caderniños escribibles non están incluidos neste préstamo e deben ser adquiridos pola vosa conta.

Facédeo o antes posible para que poidamos asegurarnos de ter listo todo para o comezo das clases e facilitar o proceso de organización e entrega dos libros. 

Se tedes algunha pregunta ou precisades máis información sobre este ou outros temas, non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través das nosas canles de comunicación (teléfono, formulario de contacto da web, mail e RRSS).

Desexamos que esteades a pasar un bo verán.

Máis novas pronto!