Boas Festas!

21.12.2022

Prezadas familias,

A piques de case rematar este ano, dende a ANPA queremos transmitirvos a nosa ledicia de poder formar parte dunha comunidade educativa activa e implicada na nosa escola.

A incrible participación e implicación de todas as familias e a facilidade e disposición de todo o claustro, produce en nós unha enorme satisfacción e ilusión. Ilusión e entusiasmo de continuar colaborando e aportando.

O encontro de Mestra de Obra, todas as aportacións e esforzos nos procesos dos Orzamentos Participativos, a colaboración na organización e desenvolvemento das actividades extraescolares e servizos de conciliación,... Sabemos que foi moito o esforzo, pero tamén poidemos comprobar de primeira man que, cando moitas persoas se xuntan e traballan por un ben común, medramos, e moito! e con nós, as nosas nenas e nenos.

Este mércores 21 visitou a nosa escola o Paxe Real, convidado nada máis e nada menos que por Cascarilla. Nesta galería podedes ver algunhas fotos de tan esperado momento:

As actividades foron un espazo moito máis que de conciliación. Agradecer as suxestións e incidencias que nos achegastes. Non deixedes de facelo, de todas e todos depende que poidamos seguir mellorando e avanzando.

Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades compartilo e desfrutalo en familia, desta viaxe que cada día desfrutan as vosas fillas e fillos nas actividades extraescolares.

Lembrade que estades a tempo de inscribir ás vosas fillas e fillos en calquera das actividades para o segundo e terceiro trimestre. Tedes toda a información sobre as mesmas nesta sección da nosa web:


Desexarvos un BO NADAL, cheo de maxia e ilusión, e unha boa entrada de ano.


E non esquezades recargar pilas, agárdannos moitas cousas que compartir no novo ano 2023. Agardamos poder iniciar o segundo trimestre cunha gran festa de celebración dos resultados das votacións dos Orzamentos Participativos.

Apertas para todas e todos!

ANPA RASA: Marcos, Pedro, Antonio, Nuria, Carmen, Cecilia, Carmiña, Anahí e Lucía.