Bolsas Comedor 2022-2023

03.03.2022

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2022-2023

Onte, 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

Atentamente,

Bolsa comedor