Bolsas comedor 2025-2026

18.03.2025

Prezadas familias,

No día de onte, 17 de marzo de 2025, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2025-2026.

O prazo de presentación é do 18 de marzo ao 4 de abril de 2025, ámbolos dous incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • Na web municipal de servizos sociais:
  • Na sede electrónica municipal
  • No teléfono 010 de información cidadán.

Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá:

  • Dispoñer DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF) antes da finalización do prazo de corrección.
  • Estar empadroado/a en o Concello da Coruña
  • Matrícula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal da Coruña.
  • Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial.
  • Asistencia continuada de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro 2025 a xuño 2026.

Un saúdo.