Cadro definitivo Actividades Extraescolares e organización

29.09.2023

Prezadas familias,

Unha vez confirmado pola Federación de ANPAs, Sonicreques e PlayCode ás persoas inscritas as actividades que se iniciarán o luns 2 de outubro, e tal e como adiantamos na web, compartimos nesta publicación o cadro definitivo das actividades coas que se forman os grupos e a organización de entradas e saídas das mesmas. Podedes acceder a toda a información na seguinte ligazón:

Tal e como se informou por parte de Federación, as familias que estabades inscritas en actividades que non saíron, podedes inscribirvos noutras que si formaron grupo, das que aparecen no cadro definitivo, por orde de chegada ata cubrir as vacantes.

Para facelo, debedes poñervos en contacto coa Federación a través de:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)


Coñecedores da vosa responsabilidade e implicación, sabemos que ides formar parte destas actividades dun xeito activo, axudando a que os nenos e nenas podas desfrutar delas. Dende a ANPA queremos aportar a información de cada actividade, para que poidades falar coas vosas fillas e fillos. Así, xa saberán con que educadoras e educadores van compartir esta nova aventura, na que o desfrute e a aprendizaxe se alían para vivir unha experiencia persoal moi positiva.

Pregamos que, para que todo marche o mellor posible, todas e todos respectemos os horarios e puntos de entrega e recollida das vosas fillas e fillos. É moi importante a puntualidade, tanto na entrega como na recollida, así como deixar o espazo do patio libre o antes posible. Moitas das actividades faranse neste espazo e, sen querer, podemos irrumpir no seu bo funcionamento.

As nenas e nenos que acoden ao servizo de comedor, serán acompañados polas educadoras e educadores deste servizo, aos diferentes puntos de comezo das actividades. As familias que traen aos nenos e nenas da súa casa non poden deixalos a cargo do persoal de comedor. Teñen que agardar a que os recolla a educadora ou educador responsable de cada actividade no punto indicado.

Na seguinte táboa tedes toda a información sobre a organización:

ACTIVIDADE EDUCADOR/A RESPONSABLE PUNTO DE RECOLLIDA E ENTREGA ÁS FAMILIAS
LUDIVERSO Infantil

De Luns a
Venres de 16:00 a 17:00
Belén Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
LUDIVERSO 1º a 3º Primaria

De Luns a
Venres de 16:00 a 17:00
Judith Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
LUDIVERSO 4º a 6º Primaria

De Luns a
Venres de 16:00 a 17:00
Pablo Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos ao educador
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
INGLÉS Infantil

Martes e Xoves
de 16:00 a 17:00
Andrea Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
INGLÉS 1º a 3º Primaria

Martes e Xoves
de 17:00 a 18:00
Andrea Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables.
INGLÉS 4º a 6º Primaria

Mércores e Venres
de 17:00 a 18:00
Salma Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables.
XOGOS MOTORES Infantil

Luns e Mércores
de 16:00 a 17:00
Helena Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor agardan no patio cuberto acompañados do equipo educativo do comedor.
XOGOS RÍTMICOS Infantil

Luns e Mércores
de 17:00 a 18:00
Belén Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade.
As nenas e nenos que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos educadores responsables no patio cuberto.
PREDEPORTE 1º a 3º Primaria

Martes e Xoves de 16:00 a 17:00
Gabriel Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor agardan no patio cuberto acompañados do equipo educativo do comedor.
ROBÓTICA 6º Infantil e 1º Primaria

Martes de 17:00 a 18:00
Sandra Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables no hall de entrada.
ROBÓTICA 2º a 6º Primaria

Mércores de 17:00 a 18:00
Sandra Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables no hall de entrada.
NATACIÓN 2º 3º e 4º Primaria

Martes de 16:15 a 17:55
Concellería de Deportes Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio.
As familias achegan e recollen as nenas e nenos. O bus pasa ás
16:15 e regresa ao mesmo punto ás 17:55. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole.
SONICREQUES

Infantil
Luns ou Venres de 16:00 a 17:00

Primaria
Luns ou Venres de 17:00 a 18:00
Cristóbal Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal. As familias agardan na entrada de Infantil a que o educador responsable desta actividade recolla ás nenas e nenos.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.Os nenos e nenas de Primaria que veñen doutra actividade de 16 a 17, serán acompañados polos educadores responsables na hall de entrada.

Para aquelas nenas e nenos que acoden a Ludiverso e o complementan con Inglés e/ou Sonicreques, as educadoras responsables disporán dunha relación cos seus nomes, xunto co trasvase de actividade de 17 a 18, que lles compartiremos dende a ANPA. Agradecémosvos que tamén o comentedes coas vosas fillas e fillos, así como coas educadoras os primeiros días, mentres non se coñecen, para colaborar a que todos os cambios se produzan sen grandes incidencias.

Pregamos paciencia e comprensión durante estes primeiros días de inicio. En calquera caso, tal e como comentamos na xuntanza de actividades, todas e todos formamos parte de este proxecto, polo que vos agradecemos que calquera incidencia ou suxestión de mellora a compartades con nós a través das canles de comunicación habituais, mail ou teléfono.


Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos, se ainda non o fixestes, e poder participar nas diferentes actividades.

Moitas grazas.