O Ramón corre!
Prezadas familias,
Como sabedes, formamos parte dunha comunidade educativa excepcional e levamos o nome do noso cole alá onde imos, co orgullo dos valores que representa, onde cada familia é a ligazón nesa engranaxe que empuxa un futuro brillante para os nosos nenos e nenas.
Proba diso é a numerosa participación do noso alumnado no circuito de carreiras populares "Coruña Corre", onde o ano pasado acadamos o primeiro posto na clasificación colexial. Este ano estamos de novo en cabeza, duplicando en puntuación aos segundos clasificados. Énchenos de orgullo esa unidade que nos caracteriza como familias e como colexio, neste caso ao redor dos hábitos de vida saudables e á práctica do deporte, onde unimos o noso esforzo nun obxectivo común.
Dende a ANPA queremos levar ese orgullo a un novo nivel e por iso deseñamos unha camiseta que representa a nosa paixón e compromiso co noso cole. Animamos a todas as familias a que a luzan e leven preto dos seus corazóns a representación do impacto positivo que a nosa comunidade educativa ten nas nosas vidas e nas dos nosos fillos e fillas.
Cada vez que cruzamos a liña de meta celebramos o traballo en equipo que nos define como familia e como parte deste maravilloso proxecto educativo. Non importa se corres rápido ou despacio, se recorres longas distancias ou apostas por un desafío máis curto. Seremos un faro de inspiración mostrando que o éxito se constrúe en comunidade.
Para ter as vosas camisetas, simplemente tedes que enviar un correo electrónico ao mail da ANPA: anparamondelasagra@gmail.com, indicando o número de camisetas e o talle que precisedes. Están dispoñibles nas medidas 4, 8, 12, 16, S, M, L e XL . Nós encargarémonos de enviar o pedido á empresa de serigrafía e avisarémosvos cando poidades pasar a recollelas. O custo de cada camiseta é de 7 € e o pago das mesmas faise directamente na tenda no momento de recollelas: V.D. Serigrafía, ubicada na Rúa Claveis, 756.
Adiante, familia! Corramos ou non, levemos o nome do noso cole en cada paso que deamos!
Recibide unha forte aperta.