Programa de Natación Escolar 2024-25: Información e Procedemento de Preinscrición
Prezadas familias:
Trasladamos nesta nova a información da Concellería de Deportes do Concello da Coruña, sobre o inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.
Esta campaña vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria de 3º e 4º curso, de Centros Públicos, con un número total de 500 prazas ofertadas na campaña, distribuídas en tres piscinas (Riazor, San Amaro e San Diego). Para o noso centro asígnanse 10 prazas e levarase a cabo na piscina de San Diego, os martes de 16:45 a 17:30 horas. O custo total da actividade por alumno ou alumna é de 55,07 €, que inclúe o transporte desde o centro educativo e a cobertura sanitaria.
As condicións de participación no programa esixen facer unha preincrición previa. Para formalizar a preinscrición, debedes cubrir o formulario que poñemos á vosa disposición, na seguinte ligazón:
Tamén podedes facer a preinscición presencialmente, no comedor, no seguinte horario:
- Martes 24 de setembro: de 09:00-09:30 h.
- Mércores 25 de setembro: de 09:00-09:30 e de 17:00 a 18:00 h.
Este prazo de preinscrición estará aberto ata o 25 de setembro inluído.
No caso de que o número de solicitudes superase as 10 prazas dispoñibles, realizaríase un sorteo para asignar as prazas. A cada preinscrito asignaráselle un código que se utilizaría no sorteo. O sorteo celebraríase o 26 de setembro ás 17:00 h. no comedor e publicado a través das canles habituais de comunicación da ANPA. A listaxe definitiva de preinscritos será remitida ao Servizo de Deportes o 27 de setembro. Unicamente o alumnado indicado nesta listaxe será o que poderá realizar a inscrición na actividade. O resto quedaría en listaxe de agarda.
O prazo da inscrición estará aberto do 30 de setembro ao 4 de outubro, debe facerse nas oficinas do C.D.M. de San Diego, aportando o talón de pago que vos será facilitado.
Lembramos que esta é unha actividade organizada e xestionada polo Concello, a ANPA só actúa como coordinadora, polo que serán as propias familias do alumnado inscrito na actividade (non a ANPA) as que se fagan cargo da entrega e recollida no autobús. A hora de recollida serán ás 16:15 e a de entrega de volta as 17:55, na parada de diante do Centro, na Ronda Camilo José Cela, non habendo posibilidade de trasladar as nenas e nenos interesados dende o servizo de comedor ou outra actividade.
Para dúbidas organizativas e de coordinación, contactar no teléfono da ANPA, 615 512 306.
A data de comenzo da Campaña de Natación Escolar será o 14 de outubro e a de finalización será o 30 de maio.