Canles de comunicación coa ANPA
Prezadas familias:
Dende a ANPA facemos todo o posible para que estedes informadas de todo o que acontece no noso colexio: publicacións, novas, prazos, actividades, comedor, formacións, xornadas, asembleas, etc. É por iso que temos numerosas canles de comunicación. Nesta nova, facémosvos un resumo de todas elas.
🌐 A nosa páxina web: https://www.apa-rasa-ramondelasagra.es: contén sempre as últimas novas, dende a máis recente ata os artigos máis antigos. Tamén podedes consultar toda a información relativa a asociación, servizos, documentación, actividades, etc. De carácter público e aberto a toda a cidadanía.
📧 O correo electrónico: anparamondelasagra@gmail.com: Desde este enderezo recibiredes todas as nosas comunicacións. Como canle de difusión, só podemos enviar mails ás familias socias, pero está aberto, público e dispoñible para toda a cidadanía, onde atenderemos as vosas consultas e suxestións.
📑 Formulario de contacto da páxina web: Tamén podedes empregar o formulario de contacto que atoparedes na páxina web, na sección Contacto.
☎️ O teléfono: 615 512 306. Para todas as vosas consultas, podedes comunicarvos a través de chamada telefónica.
📲 WhatsApp: 615 512 306. Podedes escribirnos a través de WhatsApp e responderemos ás vosas consultas.
📢 Canle de difusión de WhatsApp: Unídevos á nosa canle para non perdervos nada, e activade a campaíña: https://bit.ly/whatsapp_anparasa. Tamén podedes buscarnos como "ANPA RASA" nas canles de difusión ou, se o preferides, escaneando o QR:

🫂 Atención presencial: Ao longo do curso habilitamos algúns días e horarios para que, aquelas persoas que requiran falar con nós e achegarnos calquera inquedanza, podan facelo. Este curso fíxose xa en novembro e decembro: Novo espazo de atención presencial ás familias. Tamén podedes facelo en calquera outro momento, con cita previa.
🛜 Por suposto, as nosas Redes Sociais:
📷 Instagram: @anpa_rasa: A máis activa por número de usuarios.
@ Threads:@anpa_rasa
🎭 Facebook: https://www.facebook.com/anpa.rasa
✖️ X (antiga Twitter): En desuso.
🦋 BlueSky: @anpa-rasa.bsky.social: Nova! Pretendemos usala en lugar de X.
Agardamos que esta nova vos sexa de utilidade.
Grazas por seguirnos!