Vota pola Forza de Hércules!
Prezadas familias,
Xa sabemos que as familias do Ramón, cando se trata de votacións, dámolo todo. Compartimos, difundimos e chegamos a todos os recantos posibles para gañar votos. Para o noso cole!
Nesta ocasión, as nenas e nenos de quinto e sexto fixeron un gran traballo para participar no VIII Concurso "Cantamos coas Mans" organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, nun escenario de ensoño e coa interpretación do himno do Depor que pon os pelos de punta.
E, por suposto, toda a comunidade educativa nos poñemos en marcha, dende xa, para acadar o maior número de votos posible.
Temos ata ás 12:00 do xoves 3 de abril para acadar o obxectivo!
Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo e votar polo noso cole:
Votar é moi sinxelo, só tedes que pulsar no banner:
A continuación, seleccionar o noso cole no desplegable do formulario e enviar:
Imos a por todas. Parabéns a esas nenas e nenos de quinto e sexto. Moi bo traballo! Agora entre todas e todos a apoialo!
Un saúdo.