Caso positivo no servizo de comedor
Benqueridas familias:
Tal e como xa informou a dirección do centro, produciuse un caso positivo entre as monitoras que atenden o servizo de comedor.
Seguiranse as instruccións que determine a Consellería de Sanidade para identificar os posibles contactos estreitos. En calquer caso, queremos transmitir tranquilidade entre os usuarios do servizo, xa que non se trata dunha monitora en contacto directo cos nenos e nenas, e en todo momento fixo uso dos correspondentes equipos de protección e máscara FFP2.
Coa información da que dispoñemos actualmente, o servizo seguirase prestando da maneira habitual.
De todos os xeitos, para aquelas familias usuarias do servizo que, por precaución, prefiran non enviar aos nenos e nenas ao comedor, e prefiran facer uso da opción Take Away, deben avisar o antes posible e sempre antes do luns ás 10 h. por WhatsApp ou correo electrónico:
- (+34) 615 512 306
- anparamondelasagra@gmail.com
Na seguinte ligazón dispoñedes da información deste servizo:
Informaremos puntualmente de calquera novidade que se produza.