Concentración 22/9/2021

20.09.2021

Benqueridas familias,

Queremos facervos partícipes da anómala e gravísima situación que se está vivindo no noso colexio desde o comezo do curso.

Cada colexio ten asignados un número de docentes (catálogo de postos) necesario para cubrir as necesidades de cada centro, de cada curso, e facer fronte ao bo funcionamento do colexio en xeral. No noso colexio corresponden 11 postos en Primaria, (numero de postos publicados no DOG), pero este ano a Conselleria de Educación decidíu non cubrir todos estes postos, deixando unha vacante, co consecuente prexuízo para o noso colexio en xeral, e para 1º de primaria máis concretamente.

A dirección do centro, desde o primeiro momento, alzou a voz e queixouse por todolos medios posibles, incluso antes de que comezase o curso, recibindo como resposta a negativa da Xefatura de inspección da Coruña.

Ante esta situación totalmente inxusta e discriminadora cara á nosa comunidade, volveu reclamar a estamentos máis altos, en concreto a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ó Servicio Territorial de Inspección Educativa en primeiro lugar, e despois á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Universidades da provincia de A Coruña, non tendo resposta a día de hoxe. Esto supón unha grave falta de respecto cara ás familias, ós docentes e ós valores de igualdade de oportunidades que representa a educación pública.

Por todo isto queremos que sexades coñecedores desta inxustiza, xa que nos afecta a TODAS AS FAMILIAS do centro, que apostamos por unha educación pública de calidade. Grazas á gran profesionalidade do noso claustro, que están dedicando tempo extra a parchear como poden esta inxustiza, está a paliarse o terrible comezo de curso destes nenos e nenas que veñen dun ciclo de infantil totalmente diferente e que necesitan con urxencia por dereito propio o referente dun/ha titor/a recollido no catálogo de postos que canalice a súa educación como tiveron as nosas fillas e fillos. Lamentablemente esta acción encomiable estira máis os poucos resortes dos que dispoñemos, e debilita á nosa comunidade educativa polo que non se pode consentir de ninguna maneira.

Na conselleria de educación xa coñecen de primera man cal e o sentir e o modo de actuar e de esixir os dereitos das familias do Ramon de la Sagra, polo que temos que volver a petar na sua porta para que nos den o que nos pertence por dereito e que DEIXEN DE XOGAR COA EDUCACION DOS NOSOS FILLOS E FILLAS. Sempre fomos un referente de loita e de unidade para os demáis e ágora non pode ser menos.

PARA ELO, ESPERÁMOSVOS NA CONCENTRACIÓN PROGRAMADA DIANTE DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN, (EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE MONELOS SITO NA RUA VICENTE FERRER Nº 2) O VINDEIRO MERCORES 22 DE SEPTEMBRO AS 17:00 H.

É hora de plantar cara e demostrarle ós nososfillos como somos quen de mellorar todos unidos o seu futuro, e non deixarnos avasallar.

Esta situación poderíase dar en cualqueira aula, e por suposto a día de oxe afecta a todo o colexio en xeral, por isotemos que estar todos a unha cunha misma voz, non podedes faltar....

Invitamosvos a que cada familia prepare unha pancarta sinxela co frase que se vos ocurra, coa fin de amosalas na concentración, facendo máis visual a nosa protesta.

Por ultimo queremos lembrar a importancia de cumplir polos participantes as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias vixentes. Deberemos en todo momento obedecer as indicacións das Forzas e Corpos de Seguridade e que non se poderan empregar en toda a duración da concentración ningún tipo de artificio pirotécnico de ninguna categoría.

SEN MESTRES NO RAMÓN NON HAI EDUCACIÓN ¡¡¡¡

NON A DISCRIMINACION DO RAMÓN ¡¡¡¡

OS NOSOS NENOS E NENAS NON SON MENOS ¡¡¡¡

NON OS RECORTES EN EDUCACION ¡¡¡¡

ANPA RASA