Confirmación data Festa de Entroido 2025
Prezadas familias 💓
🌤️ Confirmado polos modelos meteorolóxicos que a chuvia pasou, e dará paso a uns días de nubes e claros, nos que predominará o sol e con case nulas probabilidades de chuvia, confirmamos a data da festa de Entroido para este vernes 28 de febreiro.
🎶💂🎾 As actividades con remate ás 17 e ás 18 horas, farán a saída pola porta pequena de acceso ao recinto. Se despois se incorporan á festa, farán de novo a entrada polo portalón grande, onde terá lugar o control de acceso á festa 🥳
🎟️ Lembrade as familias NON socias tedes que traer a entrada que adquiristes previamente nos días habilitados. NON se venderán entradas o día da festa.
💳 As familias socias non precisan entrada, só tedes que revisar que teñades recibido o carné de familia socia, correspondente ao curso actual (azul). Se non o recibistes ou non o atopades, podedes escribirnos para consultar 📧
🫂Se non sodes socias, podedes facelo antes da festa
🥪 Pequechos e maiores, non esquezades traer moedas no peto para mercar a merenda que preparan as nenas e nenos de 6º, para axudar a costear a excursión de fin de curso.
👏
Grazas pola vosa colaboración.