Convocatoria asemblea xeral ordinaria
30.03.2022
Benqueridas familias:
Por medio da presente convócase a todos os socios e socias á asemblea xeral ordinaria para o vindeiro 29 de abril, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda convocatoria, na biblioteca do cole. Prégase o cumprimento das medidas contempladas no protocolo COVID vixente.
A data límite para a presentación de candidaturas será o 22 de abril.
As candidaturas son abertas, polo que se votarán candidat@s, non cargos. No caso de haber únicamente 11 candidat@s, entrarán tod@s e non haberá votación.
A asemblea terá a seguinte orde do día:
- Presentación de contas dos cursos 19/20 e 20/21.
- Actualización de novidades sobre temas pendentes.
- Renuncia da presente Xunta directiva da ANPA.
- Votación e formación da nova Xunta directiva.
Sen outro particular,
ANPA RASA